Visita a Santiago
Os alumnos de Historia da Arte de 2º Bacharelato visitaron Compostela o luns 12 decembro para empaparse de arte e historia. Acompañados polas profesoras Saleta González e Susana García, pasearon polas cubertas de pedra, analizaron o entorno barroco da catedral percorrendo as rúas do casco vello e tamén gozaron do entorno do CGAC e San domingos de Bonaval urbanizado polo arquitecto Álvaro Siza. E aínda tiveron o seu tempo de lecer para encontrarse con compañeiros do curso anterior que xa están na Universidade. |
|
|