Escolas nas ondas...
O noso centro participa ao longo deste curso escolar, xunto a 32 centros mais, no proxecto Ponte ...nas ondas!. | |||
A actividade ten como obxectivo a formación do alumnado na creación e realización de podcast para a súa posterior inserción nunha plataforma dixital de difusión que poden ser as radios educativas de cada centro onde se desenvolve. |
Nesta ocasión o alumnado de 3º ESO, coa axuda dun monitor profesional, terá a oportunidade de iniciarse nas nocións básicas de vocalización e dicción, dramatización, exercicios de roll play, análise de podcasts, aprendizaxe de escritura de textos para ser locutados, uso das ferramentas de gravación e edición de son e como subir o podcast a un adioblog, nube e compartilo.
|