Conferencia sobre "Ciberviolencia sexual "
Nos últimos anos as TICs, supoñen un cambio na maneira en que os rapaces e as rapazas novas se comunican, se relacionan e interactúan entre si, outorgándolle ao mundo virtual un espazo novo nas súas vidas persoais. Con tal motivo, o pasado 11 de novembro o alumnado de 4º ESO, acompañado polas profesoras Laura Vieitez, Teresa López e Lidia Blanco, asistiu a unha conferencia sobre a Ciberviolencia sexual, organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e impartida por Ianire Estébanez, psicóloga especialista en temas de xénero , violencia e mocidade.
|
|