Trescentos alumnos do IES Alvaro Cunqueiro de Vigo teñen programada a súa visita ó museo do mar de Vigo dende Novembro a xaneiro para ver o Pergamiño Vindel que ata marzo permanecerá nese espazo. A visita está programada polos departamento de Música,Galego, Plástica e Historia.
Como estamos a pouco máis de dous mil metros imos camiñando durante media hora, logo hai unha visita guiada á exposición na que se explica tanto a singularidade do pergamiño que contén as cantigas de Martín códax así como os distintos libros, esculturas ou pinturas alí expostas e que contextualizan a cultura medieval. Despois faise có alumnado un obradoiro no que se explican cuestións como a técnica de facer pergamiños no medievo ou outros aspectos das culturas peninsulares nesa época : Cristiá, Arabe e Xudía. Unha excursión moi agradable e que de seguro lembraremos por sempre.
|