Día da nena e a muller na ciencia 2024
O alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de participar na xornada do Día da Muller e a Nena na Ciencia no Verbum.
Alí puidemos coñecer en primeira persoa a científicas galegas, unha delas do noso barrio, que nos falaron do que supuxo e supón para elas ser investigadoras. Tamén nos falaron de grandes mulleres que fixeron importantes achegas científicas e nunca recibiron o recoñecemento social que merecían.
Despois, o noso alumnado puido desenvolver pequenos experimentos, como a elaboración de sales de baño, moldear polímeros, analizar con microscopios ou mesmo darlle luz a Hedy Lamarr, a actriz austriaca que inventou o wifi.
Unha apaixoante xornada de Ciencia que nos ensinou que o coñecemento e a investigación non entende de xéneros!