8 de marzo 2023
Para conmemorar o día da Muller, o alumnado do Equipo Morgana visitou os centros adscritos para explicar por que se celebra o 8 de marzo e contar como traballa o Equipo no centro. Despois achegáronse ao parque da Bouza para xuntarse co Comando Igualdade e levar a cabo unha homenaxe á asociación de mulleres Dorna no Cristo da Victoria. Despois dunha batucada e da lectura do manifesto conxunto, houbo micro aberto, onde se compartiron moitas experiencias e textos emocionantes.
Aquí tendes as fotos desta intensa xornada!