Skip to Content

4. O grego e os ordenadores.

Escribir en grego clásico nos ordenadores é un asunto complicado, pois o alfabeto grego que aparece normalmente (na fonte symbol) só aporta as letras sen acentos, espíritos, iota subscrito, etc, xa que está pensado para o grego moderno, onde só hai un acento. Esta variedade é coñecida como grego monotónico, fronte á do antigo, chamada grego politónico. 

Unha opción era empregar a ferramenta "Mapa de Caracteres" de Windows pero é algo moi lento escribir con ela.

Desde hai uns anos, por fin, dispoñemos dunha ferramenta que permite escribir en grego clásico dunha forma moi doada: é un controlador de teclado moi sinxelo de instalar e de empregar denominado Euclides grec politònic. Se seguides a ligazón que vos introduzo abaixo chegaredes á páxina da Universitat de Barcelona onde foi desenvolvida. Só vos resta descargala e perder dous minutos en configurar un par de cousas.

 

 

 

Dálle na imaxe para descargares o programa:

 

 


book | by Dr. Radut