Aí van unha serie de enderezos en internet onde podedes atopar bastantes materiais con relación aos nosos asuntos. Premede na imaxe do dico de Festo para ir ás páxinas que se comentan (de paso mirade de traducir o disco, que está a cousa aínda verde...).
Antes de nada, un par de sitios creados por este departamento:
Neste blog podedes atopar materiais sobre as nosas materias.
Nesta páxina web veremos algún outro tipo de cuestións.
Nesta páxina estremeña tedes unha gramática grega on-line onde buscar eses datos de gramática básica que por veces se nos esquecen. |
|
|
Páxina con recursos sobre cultura clásica. Ten interesantes ligazóns con páxinas dedicadas ao mundo clásico. Está en castelán.
|
|
|
Páxina do Departamento de grego e indoeuropeo da Universidade de Salamanca, onde comentan enderezos de internet relacionados coas linguas e culturas clásicas. Nivel avanzado. En castelán.
|
|
|
Magnífica páxina brasileira onde se pode atopar todo tipo de información sobre a cultura de Grecia. En portugués.
|
|
|
Páxina oficial da Sociedade de Estudos Clásicos. En castelán.
|
|
|
Tamén na Galipedia, enciclopedia de libre acceso en Internet, poderemos atopar artigos sobre o mundo grego: Esta é unha enciclopedia en construción da que hai versión en múltiples idiomas, e se un artigo ou un dato falta nunha lingua podedes buscalo noutra.
|
|
|
Outra páxina con bastantes recursos sobre o mundo clásico á disposición é esta do Ministerio de Educación. En castelán.
|
|
|
Estoutra páxina está en alemán, pero aparecen nomes propios en orde alfabética, polo que ás veces nos pode ser de utilidade.
|
|
|
Aquí tedes unha ligazón ao mellor dicionario de grego antigo, o malo é que é grego - inglés, pero dáse entendido:
|
|
|
Pinchando aquí teredes acceso ao grupo de traballo de Grego da CIUG:
|
|
|