Skip to Content

Secretaría

Información



 

HORAS E CONDICIÓNS NAS QUE ESTARÁN A DISPOSICIÓN DO ALUMNADO OS SERVIZOS E INSTALACIÓNS
• O Instituto estará aberto de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 e de 16:00 a 21:30. Os alumnos e alumnas poderán entrar nas aulas 5 min. antes do inicio da primeira clase.
• Secretaría: permanecerá aberta nos períodos lectivos de 8:45 a 14:30 pola mañá, e de 16:00 a 19:00 de luns a xoves.
• Biblioteca: permanecerá aberta e atendida por un profesor ou profesora durante o horario lectivo. Tamén permanece aberta as tardes do luns, martes e xoves de 16.00 a 19.00
• Cafetería: permanecerá aberta durante o horario lectivo desde 10 minutos antes do inicio da primeira clase e, en xeral, sempre que se realice algunha actividade no centro.
• Pistas deportivas exteriores: estarán a disposición do alumnado do centro en calquera horario, e en xeral do pobo de Lalín fóra do horario lectivo de do centro todos os días da semana.

HORAS NAS QUE O CENTRO PERMANECERÁ ABERTO, A DISPOSICIÓN DA COMUNIDADE ESCOLAR, FÓRA DO HORARIO LECTIVO:

• Para utilizar as instalacións fóra do establecido nos apartados anteriores deberá contarse coa conformidade da Dirección, previa solicitude razoada.

HORARIO DE APERTURA DO CENTRO NO VERÁN A EFECTOS ADMINISTRATIVOS:
•Mes de Xullo: de 9:00 a 14:00.
•Mes de Agosto: de 11:00 a 13:00.


Distribuir contido


by Dr. Radut