Skip to Content

Oferta Educativa

Erasmus

O Programa Erasmus+

Erasmus é un programa que promove o intercambio de estudantes para realizar estudos e prácticas no estranxeiro.

Os países que participan neste programa son os estados membros da Unión Europea, ademais de Islandia, Liechtenstein, Noruega, Suíza, Turquía e Macedonia.

Oportunidades Erasmus  no IES Aller Ulloa

ANUNCIO :08/05/2019


O IES Ramón Mª Aller Ulloa convoca bolsas de mobilidade ao amparo do programa Erasmus+. Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado do ciclo superior que vaia facer a FCT no período setembro-decembro 2019. O alumnado interesado deberá entregar no departamento de informática este formulario cumprimentado no prazo comprendido entre o 10/05/2019 e o 27/05/2019  

logotipo deputacion de pontevedra

Publicación da relación de solicitudes recibidas para a ao proceso de selección da 6ª mobilidade do proxecto DEPO 2017

Nome e apelidos

Ciclo Formativo de Grao Medio

País de destino preferente

Pablo Lorenzo García

SMR

Italia

Publicación das persoas admitidas a participar no proceso de selección da 6ª mobilidade do proxecto DEPO 2017

Nome e apelidos

Ciclo Formativo de Grao Medio

País de destino preferente

Pablo Lorenzo García

SMR

Italia

    Aberto prazo de inscrición para solicitar bolsas Erasmus+ dirixido ao alumnado de CICLO MEDIO que titule en Decembro de 2018.

As mobilidades realizaranse no período de Xaneiro a Xuño de 2019.

Interesados anotarse no taboleiro de 2ºSMR (ver criterios de selección)

Prazo de inscrición: 16-04-2018  ao 14/05/2018

passaporte

Comeza e selección para alumnado do CICLO SUPERIOR que

a) faga a FCT en septembro - decembro 2018 e

b) para os TITULADOS que poden facer as movilidades a partir de xuño de 2018

INTERESADOS ANOTARSE NA LISTA DO TABOLEIRO DE DAW2

Prazo: (12-03-2018 ATA 22-03-2018)

 

 Para o ciclo superior

O IES Ramón Mª Aller Ulloa participa en varios programas europeos Eramus+ durante o presente curso académico:

 - mobilidade para FCT de estudantes de ciclo superior de DAW  en Holanda, en BraintPort (Eindhoven)

mobilidade para FCT de estudantes de ciclo superior de DAW  en distintos paises europeos.

 --> Consulta os criterios de selección para o alumnado do ciclo superior. 

 --> Solicitude de participación

  --> Publicación da listaxe de solicitudes

--> Publicación da listaxe de admitidos e excluidos

Para o ciclo medio

mobilidade para estudantes titulados do ciclo medio de SMR (6 meses en Irlanda, Reino Unido, Portugal, Francia, Italia ...)

-->Solicitude de participación

Para o profesorado

- os "profes" tamén participan en mobilidades job shadowing.

Ver fotos

Refencia ao Erasmus no que participou o IES ALLER Ulloa na Universidade de acollida .

Recomendacións xerais para estudantes do Programa Erasmus+

- Curriculum vitae Europass

- Tarxeta sanitaria europea

- Recomendacións

Braintport

  Mobilidade enmarcada dentro do convenio estatal e autonómico. (mais info sobre o convenio da Consellería de Educación)

  Área punteira en tecnoloxía en todo Europa. (mais info da rexión de Braintport -Eindhoven)

  Alta probabilidade de continuar traballando ao rematar a FCT.

  Requirese nivel de inglés  B2


Mobilidade para estudantes titulados do ciclo medio de SMR do IES Ramón Mª Aller Ulloa.

 Bolsa Practicum Depo 2016 e 2017.

 

1. QUE ALUMNADO PODE PARTICIPAR NA MOBILIDADE?

O alumnado que pertenza a un ciclo medio, que sexa maior de idade e que teña

aprobados todos os módulos, incluído o módulo FCT, antes do inicio do período

de mobilidade.

- criterios de selección

2. DURACIÓN DA MOBILIDADE?

A duración da mobilidade será de 6 meses.

A mobilidade debe comezar e rematar durante os 12 meses posteriores á data de titulación.  (data de sinatura das actas de avaliación.)

 

3. QUE PAÍSES DE DESTINO DE PRÁCTICAS SE PODEN SOLICITAR?

Dinamarca, Irlanda, Países Baixos, Reino Unido, Suecia, Austria, Bélxica,

Bulgaria, Chipre, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Italia, Islandia,

Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Polonia, República Checa, Romanía,

Suíza, Turquía, Alemaña, Eslovaquia, Letonia, Malta, Portugal, a Antiga

República Iugoslava de Macedonia, Croacia, Eslovenia, Estonia e Lituania.

** Os destinos virán determinados por aqueles que teñan unha maior demanda.

 

4. IMPORTE DAS BOLSAS

O importe das bolsas nesta convocatoria é o seguinte:

 

Tipo de actividade

País de destino

Duración en días

Cantidade por participante

Estancia de estudantes en empresas

Reino unido

182

5994.00

Estancia de estudantes en empresas

Irlanda

182

5360.00

Estancia de estudantes en empresas

Italia

182

4992.00

Estancia de estudantes en empresas

Malta

182

4484.00

Estancia de estudantes en empresas

Portugal

182

4288.00

Estancia de estudantes en empresas

Paises Baixos

182

5556.00

Estancia de estudantes en empresas

Finlandia

182

5164.00

 

5. CRITERIOS DE SELECCIÓN DAS PERSOAS BOLSEIRAS

Establécense os seguintes criterios do baremo. A nota final obterase da suma das puntuacións dos seguintes apartados:

1. Adecuación da titulación e do perfil da persoa bolseira (30%).

2. Expediente académico (30%).

3. Coñecementos de idiomas (20%).

4. Méritos (10%).

5. Entrevista persoal (10%).

 

O proceso selectivo será supervisado polo xefe de servizo de promoción de emprego en desenvolvemento local da Deputación de Pontevedra (ou persoa en quen delegue).

No caso de empate, os criterios de desempate serán, e por esta orde:

• A maior puntuación no expediente.

• A maior puntuación na formación en idiomas.

En caso de continuar empatados, o desempate determinarase ó chou.

1.—ADECUACIÓN DA TITULACIÓN E DO PERFIL DO BOLSEIRO (30%)

• Valorarase, ata un máximo de 2 ptos. a motivación, autonomía, madurez, compromiso co programa, habilidades comunicativas (a partir do informe do/a titor/a, equipo didáctico ou orientador/a do centro).

• Valorarase a actitude nas clases e a asistencia regular ao ciclo cursado ata un máximo de 1 pto.:

— Asistencia a máis do 90% das clases lectivas: 0,5 ptos.

— Asistencia de menos do 90% das clases lectivas: 0 ptos.

— Ausencia de faltas de conduta: 0,5 ptos.

— Existencia de algunha falta de conduta: 0 ptos.

2.—EXPEDIENTE ACADÉMICO (30%)

Valorarase ata un máximo de 3 ptos. calculando a media aritmética das calificacións obtidas no ciclo formativo de grao medio (dos cursos finalizados):

PUNTUACIÓN NUMÉRICA

PUNTUACIÓN NON  NUMÉRICA

BAREMO

Do 6 ó 6,99

Aprobado

1

Do 7 ó 8,99

Notable

1,5

Do 9 ó 10

Sobresaínte

2,5

Matrícula de honra

3

Non se terá en conta as calificacións –convalidado

3.—COÑECEMENTOS DE IDIOMAS (20%).*

3.1 titulacións no idioma inglés:

 

Polo certificado oficial da Escola Oficial de Idiomas ou equivalente legalmente homologado ata un máximo de 2 ptos.

— A1: 0 ptos.

— A2: 0,5 ptos.

— B1: 1 ptos.

— B2: 1,5 ptos.

— C1 ou C2: 2 ptos.

Non se terán en conta as titulacións de nivel inferior que levaron a adquirir outra de nivel superior.

Sen certificado oficial: realización dunha proba de nivel (escrito+oral) ata un máximo de 1 pto.

3.2 Baremo dun segundo idioma: valorarase o coñecemento doutro idioma cun nivel mínimo de A2 e con acreditación de certificado oficial, do mesmo xeito que para o inglés, ata un máximo de 1 pto.:

— A2: 0,5 ptos.

— B1, B2,C1,C2: 1 ptos.

* a puntuación máxima que se pode obter neste apartado é de 2 ptos.

 

4.—MÉRITOS (10%)

• Valorarase con 0,5 ptos. cada título de formación profesional de grao medio diferente o que lle de acceso a mobilidade ata un máximo de 1 pto.

 

5.—ENTREVISTA PERSOAL (10%)

Habilidades persoais e sociais suficientes para desenvolverse en contornos distintos os acostumados. Valorarase a acreditación de pertenza a calquera tipo de ONG ou participación de programas de voluntariado,...

 

Listado alumnado que solicita bolsa ErasmusPracticum Depo  (xaneiro-xuño 2017):

Álvaro Mouriño Crespo

Listado alumnado que solicita bolsa ErasmusPracticum Depo (abril/maio-novembro 2017):

Criterios de selección para o alumnado solicitante do ciclo superior

Criterios de selección de estudantes para a participación como beneficiarios dunha beca dentro do Consorcio PraxEuropa.

A información sobre as becas dispoñibles realizarase a través da web del centro, onde se indicarán todos os requisitos para la selección dos alumnos/as. A selección farase en base os seguintes criterios:

  1. Expediente académico.

No caso dos alumnos que estean matriculados no segundo ano, no mesmo curso en que realizan a mobilidade, terase en conta a nota media obtida polo estudante no primeiro ano. No caso dos estudantes que teñan cursado o segundo curso no ano académico anterior, terase en conta a nota media dos dous cursos.

  1. Competencias lingüísticas no idioma do país de acollida o idioma de traballo, en caso de que sexa diferente a do país de acollida.

A valoración das competencias lingüísticas farase tendo en conta as seguintes variables:

  1. Nota media do alumno no primeiro curso, no caso de que o idioma de traballo este incluído no currículo do ciclo

  2. Certificacións de competencias lingüísticas aportadas.

  3. Provas realizadas no propio centro, no seu caso.

  1. Competencias persoais e actitudes.

Esta valoración farase polo equipo de profesores que imparten clases no Ciclo Formativo, ou persoa/as en quen deleguen, sobre a actitude do alumno e a idoneidade da súa actitude para desenvolver a estadía.

  1. Outros

Darase preferencia os estudantes que nunca participaron en mobilidades Erasmus

Favorecerase a participación no programa dos alumnos con algún tipo de discapacidade, que contarán con axuda complementaria para atender os custos extraordinarios derivados desa discapacidade. 

Os estudos que ofrecemos

Ademáis das materias comúns de 1º, 2º e 3º da ESO, nos restantes niveis as diferentes opcións que se poden cursar son as seguintes:

4º da ESO. Itinerarios

 

 

 

1º de Bacharelato

 

Modalidades de 1º Bacharelato

 

 

2º de Bacharelato Artes Escénicas, Música e Danza

 

 

 

2º Bacharelato Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais

 

Distribuir contido


by Dr. Radut