Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

ENDL

Publicistas por un día

Seguimos co mes da ciencia en Galego

Os alumnos e as alumnas de Anatomía Aplicada do IES de Allariz convertéronse en publicistas dunha empresa ficticia, encargada de fabricar diferentes tipos de tecidos humanos a partir de células nai. Neste vídeo Lucía Xiao Quintairos Barbosa aparece promocionando a venta do tecido muscular estriado esquelético (o tecido que forma parte dos músculos que están unidos aos nosos ósos).

https://youtu.be/a3dBgNE_sLU

Alumnado gañador do concurso de microrrelatos e máscaras do Samaín

Gañadoras do concurso de microrrelatos:

1º Premio :Carmen Pérez (1ºESO C)

2º Premio : Naia Conde (1ESO B)

Gañador@s do concurso de máscaras:

1º Premio: Yihan Jin (1º ESO B)

2º Premio: Sheila gonzález (1ºESO B)

Concurso de microrrelatos de Samaín

Para celebrar o Samaín, festa de ancestral arraigo na Galiza, imos propor unha serie de actividades no centro, entre elas un CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO!

  • Deben ter un máximo de 50 palabras e incluír algunha ilustración.
  • O prazo é ata o 27 de outubro.
  • Pódense entregar ao profesorado de galego.
  • Haberá dous premios: o 1º premio é un vale de material deportivo de 50€ e o 2º un lote de libros.

Samain 2018

Xa podedes ver o video conmemorativo do Samaín 2018. Grazas a todo o alumnado que coa súa participación fixo posible esta celebración.


O galego que inventou o Tecnefón: a máquina que falaba

Tecnofón"Non era o Siri nin o Cortana. Pero emitía sons que imitaban a voz humana. Porque a  voz artificial é hoxe tan común que mesmo resulta molesta. Abusan dela por teléfono os servizos de atención ao cliente. Acompáñanos de viaxe cando activamos o GPS. E ata é a forma de comunicarse que emprega o científico Stephen Hawking. Pero, hai un século e medio, un sintetizador de voz era un soño inalcanzable. Con todo, conseguiu crealo un galego de Cotobade, Severino Pérez Vázquez, que patentou o Tecnefón, unha especie de piano de parede que, por un sistema de teclas e foles, falaba." Isto é o que nos contan en gciencia.com

Novembro é o mes da ciencia en galego

Para celebrarmos a dobre efeméride de que Novembro é o mes da ciencia en galego e que imos celebrar no noso centro o XXX Congreso da Enciga iremos ligando a novas de ciencia en galego do portal www.gciencia.com durante todo o mes. Neste primeiro o blogueiro Manuel Rey fálanos de Galego de laboratorio. E se temos éxito continuaremos!

O Pregoeiro nº 43 (2008-09)

Queres consultar os teu artigos no último número d' O PREGOEIRO?  

Taboleiro de novas do ENDL

Taboleiro do ENDL

Velaquí o taboleiro de noticias do ENDL do centro. Nel poderás atopar os últimos artigos periodísticos relacionados co emprego e a normalización da nosa lingua.

 

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare