Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
Excursión ao Courel
O alumnado de 3º ESO do IES de Allariz, participou o 6 de xuño de 2024, nunha excursión ao Courel, organizada polo departamento de Lingua e Literatura Galega, xunto co de Bioloxía e Xeoloxía. Esta saída incluíu as seguintes actividades: visitas guiadas aos museos xeolóxico e etnográfico de Quiroga, observación do pregamento de Campodola, así como dúas rutas, unha desde Folgoso ata a fervenza de Rexío, e outra polo Val das Mouras. O propósito da mesma foi familiarizar ao alumnado co patrimonio cultural, paisaxístico e xeolóxico do xeoparque Montañas do Courel.
Este vídeo realizárono dúas alumnas de 3º ESO: Naia Conde e María Soto.
- APIs de Blogue
- Versión para imprimir