Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
REGUEIFIÑAS DE CIENCIA
O Equipo formado por Sara I. e Lúa D. de 4º ESO do noso centro resultou gañador e foi convidado a participar nu debate final en Santiago de Compostela co outro grupo vencedor do IES A Paralaia (Moaña).
Nesta actividade tamén participou máis alumnado de 4º ESO; e foi organizada polo departamento didáctico de : Bioloxía e Xeoloxía (Guiomar), xunto co de Física e Química.
A actividade terá lugar no Auditorio da Facultade de Ciencas da Comunicación da USC o día 15 de xuño.
Grazas a este premio foron obsequiadas/os con:
- Unha viaxe a Santiago para todo o alumnado de 4º que curse BioXeo e/ou FeQ
- Unha visita guiada ao Patrimonio Histórico da Universidade de Santiago (todo o alumnado de 4º que curse BioXeo e/ou FeQ)
- Unha visita moi especial aos Centros Singulares (CIMUS, CIQUS e CiTIUS) (só equipo gañador)
- Un microscopio Foldscope para os gañadores/as e cada un dos seus compañeiros/as de aula que cursen Bioxeo e/ou FeQ.
- Un kit "Youtuber" que inclúe un micrófono de condensador USB, soporte de móbil e iluminación led
»
- APIs de Blogue
- Versión para imprimir