Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz

ies.allariz@edu.xunta.gal

988 788 001

Axudas Comedor

Beneficiarias das compensacións

Poderán ser beneficiarias destas compensacións as familias con un ou máis fillas/os escolarizados en centros públicos xestionados pola consellería que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relacións de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.

Importe das axudas

O prezo máximo para satisfacer en concepto de compensación por materias primas é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 €), nos casos de gratuidade total, e dun euro e cincuenta céntimos (1,50 €) nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 €) pola prestación do servizo.

Solicitudes. Lugar e prazo de presentación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

O prazo de presentación vai ata o 6 de abril.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar axuda ao centro educativo, ao teléfono do IES 988788001 en horario de 10:00 a 13:00 horas e ao correo do centro ies.allariz@edu.xunta.gal

A solicitude será única por cada familia e incluirá a totalidade das fillas e dos fillos escolares de ensinanzas obrigatorias.

Pódese consultar a orde das axudas comedor.

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Punto Laranxa contra o acoso escolar

 

abalar

Portal das Palabras

PARTICIPAMOS NO

Enderezo para solicitar
impresións e fotocopias:

fotocopias@iesallariz.gal

 

Bibliotecas escolares

 

Educare