Skip to Content

No centro

O Equipo da Patela dos libros

 

 

A Patela dos Libros conta, neste curso 23/24 con un equipo formado por:

>> Un grupo de profas/es que dinamizan o seu funcionamento. Este curso está formado por:

- Alba   (Coordinadora, XH)

- Rosalía  (LI)

- Gloria  (BX)

- Xabier  (EF)

- Ángeles  (Rel)

- Carmen  (LG)

- Nazareth (LC)

- isabel (LC)

 

>> Coma noutros anos, tamén durante este curso, contamos cun grupo de alumnas e alumnos voluntarios para axudar nas tarefas da biblioteca; grupo que pode variar ao longo do curso debido a novas incorporacións!

Este ano, a familia de voluntrios medra considerablemente, o que nos fai sentir moi moi orgullosos. Iniciamos o curso contando coa axuda de: Andrea, Candela, Ismael, Manuel, Adrián, Inés, Paula, Ainhoa, Sara, Irene, Sarai e Adriana.

Durante os recreos, mediante o horario que eles  organizaron, estes voluntarios están na biblioteca para axudar a todos, profes e alumnos, a:

1.png

Observa Acción 2022/23

Ó longo deste curso, unha equipa de profesoras participou na proveitosa experiencia de #Observa_Acción, un programa de observación entre iguais. Superamos a primeira fase e accedemos á segunda, de observación a nivel galego, onde fomos emparellados co IES Sofía Casanova.
 
Observar e observarse é unha aposta por seguir aprendendo e non estancarnos, por mellorar no noso traballo, por ofrecer o mellor ó noso alumnado.
 
Queremos compartir con vós as memorias que elaboramos en ambas fases. Nelas poderedes atopar conclusións, informes, propostas.

10 de decembro Conmemoración dos Dereitos Humanos

Desde a biblioteca organizamos unha exposición de carteis onde se ilustran os trinta artigos que conforman esta declaración que cumple nada máis e nada menos que 70 anos! Todas a titorías tiveron ocasión de visitar esta exposición.

24 de outubro Día das Bibliotecas

Na semana do 24 de outubro quixemos destacar que ese día celébrase o "Día das Bibliotecas"

Esta conmemoración instaurouse a instancias da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura.

Nesta ocasión o que fixemos foi presentar a nosa biblioteca aos alumnos e alumnas que chegaron este ano ao centro en catro sesións nas que, ademáis, se entregaron os novos carnés de lector, con fotografía, código de barras...e plastificados! Toda unha chulada!

Distribuir contido


by Dr. Radut