Skip to Content

Erasmus+ STEM (2018-20)

Diario Curso Bruxelas- Día 1

Chegada, rexistro e presentación do curso

 

Introdúcesenos á European Schoolnet, “rede de 34 ministerios de educación europeos con sede en Bruxelas. Como organización sen ánimo de lucro, buscamos innovar na ensinanza e aprendizaxe para os nosos principais interesados: Ministerios de Educación, escolas, profesores, investigadores e socios da industria.

Estamos motivados pola nosa misión de apoiar ós actores da educación en Europa na transformación dos procesos educativos para as sociedades dixitalizadas do século XXI. Facémolo identificando e probando prácticas innovadoras prometedoras, compartindo evidencias sobre o seu impacto, e apoiando a transversalización das prácticas de ensino e aprendizaxe alineadas coas normas do século XXI para a educación inclusiva.

Desde a súa fundación en 1997, European Schoolnet utilizou os seus vínculos cos ministerios de educación para axudar ás escolas a facerse efectivas no uso pedagóxico da tecnoloxía, dotando tanto ó profesorado como ó alumnado das habilidades necesarias dunha sociedade dixital”.

Valoración final e memoria Erasmus STEM

Tras rematar este proxecto que trouxo tantas aprendizaxes interesantes como sinsabores, achegamos a Memoria presentada desde o noso centro, así como unha valoración final que se espuxo na reunión que mantivemos cos responsables do proxecto no CAFI: Diana Pastoriza e Javier. A coordinadora, María José Suárez, non asistiu á reunión.

Valoración final do proxecto KA 101 2018-1-ES01-KA101-048069, Profesorado competente desde a perspectiva STEM.

 

Curso Bruxelas, resumo

 

A profesora de Tecnoloxía Ana Moreiras vén de participar nun curso en Bruxelas dentro do marco do Erasmus "Profesorado competente desde a perspectiva STEM". Trátase dun proxecto europeo coordinado polo CAFI no que participan, ademais, os centros IES Meaño, IES Carlos Casares, IES Pobra do Caramiñal, IES Porriño e IES Xelmírez 2.

O fin deste Erasmus é presentar un catálogo de prácticas STEM que sirvan de guía a outros centros galegos. Para logralo, deseñáronse 3 saídas educativas para participar en cursos europeos e facer job shadowing de dinámicas STEM referencia.

Participamos na 1ª STEM Discovery Week

Dentro da nosa participación do Erasmus "Profesorado competente desde a perspectiva STEM" que o CAFI organiza, asistimos á 1ª STEM Discovery Week que organiza a European Schoolnet, organismo que congrega a todas as institucións europeas que traballan con estratexias STEM.

Nesta semana bota a andar un portal onde poden atoparse todos os centros educativos con STEM label, selo que o IESP A Cachada obtén a través da nosa participación no programa.

Se queredes ver os contidos que estamos a traballar, seguídenos no Blog Erasmus STEM.

Erasmus STEM: primeira mobilidade - Italia

Do domingo 10 ó mércores 13 de febreiro desprazámonos a Módena para visitar o IC3 Istituto Comprensivo de Módena, centro formado por escolas de infantil, primaria e secundaria que é pioneiro na implantación de metodoloxías STEM. É un instituto excepcional no panorama italiano, se atendemos ó último informe da OECD: só o 18% dos italianos (fronte ao 37% dos outros países) se gradúa na universidade, e faino en disciplinas pouco ligadas ó ámbito STEM.

O noso centro no proxecto Erasmus STEM

No noso instituto hai xa varios anos que se traballa baixo a filosofía de proxectos integradores de ciencia e tecnoloxía, incluíndo neles a lingua galega, o que para nós é fundamental na normalización da mesma. Se algo temos claro é que a participación neste tipo de proxectos involucra ós estudantes enormemente, xa que os motiva ó propoñerlles problemas auténticos, traballo de equipo, e construción de solucións reais e tanxibles.

Temos dous proxectos fundamentais nesa liña de traballo, dos que podedes atopar información nas respectivas pestanas da nosa web:

  • O proxecto STARgal, que nace no curso 2016, é unha mostra de videoxogos e traballos audiovisuais nos que se tratan temáticas de corte cultural desde unha óptica científica e tecnolóxica: videoxogos programados con Scratch, robots que desenvolven retos baseados e obras da nosa literatura, estruturas a escala humana nas que se experimentan sensacións de realidade virtual...
  • O Club de Ciencia formouse o curso pasado e con el deseñamos e creamos un módulo de bioconstrución para demostrar que as condicións de habitabilidade dunha vivenda elaborada con adobe e madeira eran mellores que as dunha vivenda de formigón. No curso actual continuamos cos traballos de investigación, desenvolvendo subproxectos de meteoroloxía, construción, investigación de radón, sensorización con Arduino...

Do que se trata é de provocar procesos de investigación científica para a aprendizaxe conxunta de novos conceptos de Matemáticas, Ciencias e Tecnoloxía dentro dun proceso práctico de deseño e resolución de problemas, tal e como se fai en Enxeñería no mundo real. E sempre en lingua galega, a gran mal parada nos deseños curriculares actuais, como se o futuro houbese de escribirse necesariamente en inglés e español.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut