Proceso de recoñecemento de movilidades

 

Alumnos  que realicen Movilidade para realización FCT en empresas do extranxeiro

Unha vez finalizado o período de prácticas os titores (IES e Empresa) consensuarán a nota final en función das actividades realizadas según o programa formativo e das capacidades adquiridas. A nota será APTO ou NON APTO e reflexaranse na casilla “Valoración global”.

A nota  reflexarase na última páxina numerada do “Plan Individualizado de FCT” onde ademáis, recóllense:

·        

Capacidades terminais 

·        

Resultados de aprendizaxe

·        

Actividades formativas

·        

Criterios de avaliación 

Os criterios de avaliación conseguidos deberán ser marcados cunha “x”  na casilla  “Adquirida”.

Unha vez cumprimentado o anterior os titores firmarán e selarán dita folla dando validez ó alí reflexado

As actividades realizadas cumprimentaranse nas follas semanais, con indicación da data diaria, onde se reflexaran as tarefas realizadas.

A nota  APTO suporá a superación do módulo de FCT  e  reflexarase na sesión de avaliación final de curso dando acceso directo á obtención do título de “Técnico Superior” e o recoñecemento de 22 ECTS.

NOTA: a obtención do título estará condicionado á superación do módulo “Proxecto” que se realizará de forma independiente durante o período de realización da FCT

Adicionalmente:

§  Cumplimentarase o documento  “Movilidade Europass” onde se reflexarán as actividades realizadas polo alumno durante a realización da FCT  e que servirá  para o seu reconocimiento europeo.

§  Outorgarase ó alumno o   EUROPASS DIPLOMA SUPPLEMENT certificado polo noso IES.

 

Alumnos  que realicen Movilidades entrantes  para realización de prácticas en  empresas de Galicia

 Supervisarse e  asesorarase para que a empresa de acollida cumprimente a documentación que a Institución de ensino de orixe envíe para certificar as horas, datas de realización, actividades realizadas e competencias adquiridas


Alumnos  que realicen Movilidades entrantes  para estudios no IES 12 de Outubro

 Emitirase un Certificado no que se reflexarán as notas conseguidas nos distintos módulos así como un resumo dos contenidos cursados , con indicación do número de horas para cada módulo e o período en que se realizaron.

Adquirimos o compromiso de cumprimentar e certificar a documentación que a institución emisora dispoña ós efectos de recoñecer os estudos realizados no noso IES así como cualquer outro formato normalizado polo programa Erasmus