A EOI de Pontevedra habilita un punto de entrega de material para as persoas refuxiadas diante da biblioteca da central na Xunqueira nas seguintes quendas:
Prégase consultar a listaxe de produtos que se precisan co fin de optimizar os recursos.
Prazo de matrícula: do 31 de xaneiro ao 7 de febreiro ás 23.59h en Centrosnet.
Comezo das clases do segundo cuadrimestre do curso intensivo: 1 febreiro.
Consultade máis información sobre o procedemento.
As probas parciais de progreso terán lugar entre o día 20 e 31 de xaneiro. Consultade as datas do voso nivel e grupo coa vosa profesora. As probas finais de promoción do curso intensivo desenvolveranse entre o 24 e o 26 de xaneiro.
Informamos a toda a comunidade educativa de que a actividade lectiva rematará o martes 21 de decembro e renaudarase o luns 10 de xaneiro.
Boas festas!
Contan os mariñeiros que "o mar está vivo e hai que telo contento para que estea da parte dun".
Por iso, para rematar ben o ano, lanzamos o concurso de fotografía "O mar ten a palabra" no que podes gañar unha cámara instantánea Fujifilm Instax!
Envía unha fotografía relacionada co mar antes do 21 de decembro ao enderezo concursos.eoipontevedra@gmail.com! Consulta as bases do concurso.
O martes 23 novembro terá lugar a primeira xuntanza de representantes de alumnado para o curso 21-22. Se es delegado/a, agardámoste!A xuntanza desenvoverase a través de videoconferencia. Consulta a mensaxería en CentrosNet para acceder á ligazón.
Entre o 15 e o 19 de novembro colaboramos co Banco de Alimentos de Pontevedra mediante a campaña de recollida de alimentos organizada polo IES Valle Inclán.
De acordo coa RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, a Xunta electoral deste Centro dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, sector de alumnos/as e sector de pais, nais e titores legais. O censo do alumnado está exposto no taboleiro de anuncios do IES Valle Inclán. Prema nas seguintes ligazóns para consultar os detalles do procedemento.
Convocatoria de eleccións de representante de alumnos/as ao consello escolar.
Convocatoria de eleccións de representante de pais, nais e titores legais ao consello escolar.
Coa constitución da Xunta Electoral comezou o proceso electoral para a renovación parcial dos distintos sectores da comunidade educativa representados no Consello Escolar do centro. Consulte o calendario de actuacións.
A probas libres de certificación realizaranse no mes de febreiro nunha única convocatoria e o prazo de inscrición en liña estará aberto do 9 ao 26 de novembro. Prema nesta ligazón para consultar os detalles do procedemento e o calendario de realización.
Se eres alumno/a do nivel B1 e queres practicar o idioma que estudas de forma oral apúntate aos obradoiros de inglés que serán impartidos pola lectora Nasly Tineo na sede de A Xunqueira.