Ábrese o prazo de matrícula para os cursos intensivos do 2º cuadrimestre do 23 ao 27 de xaneiro ás 23.59 horas para o alumnado apto nos intensivos do primeiro cuadrimestre e para o alumnado de novo acceso.
- EOI Central: Básico A2
- Sección Valle-Inclán: Intermedio B2.2
Procedemento:
- Alumnado apto na convocatoria ordinaria dos cursos intensivos do 1º cuadrimestre:
- Terá que matricularse dende o seu Expediente na aplicación Centrosnet.
- Deberá subir o resgardo de pagamento das taxas na mesma aplicación (Atención: non pagar os 22 euros de apertura de expediente nin os 13 de Servizos Xerais).
- Alumnado de novo ingreso:
- Cubra o seguinte formulario e envíeo ao enderezo electrónico:matricula.eoipontevedra@gmail.com xunto coa documentación que se indica abaixo:
Documentación (só alumnado novo)