MUNDIAL DE TRÍATLON: AFECCIÓNS AO TRÁFICO

Do 27 de abril ao 4 de maio a cidade de Pontevedra acolle uns dos eventos deportivos máis importantes de Galicia: os campionatos mundiais do tríatlon. A celebración deste evento repercutirá no tráfico da cidade, incluíndo a contorna da EOI de Pontevedra. Se tes que acceder ao centro nas datas sinaladas, non deixes de consultar a páxina de información que acaba de facilitar o Concello da cidade para evitar aglomeracións, aparcamentos indebidos ou bloqueos no acceso. Será, sen dúbida, toda unha experiencia para a nosa comunidade educativa, que está totalmente involucrada na promoción e celebración do evento. Non deixedes de gozala!