Para formalizar a matrícula, deberá presentar a seguinte documentación na secretaría:
DOCUMENTACIÓN
- Dúas copias da confirmación da matrícula online.
- Alumnos menores: documento de datos de contacto do pai/nai/titor. De non entregalo debidamente cuberto, non se admitirá a matrícula.
Presentar, ademais do anterior, a seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI ou NIE (no caso de estranxeiros).
- Acceso directo por proba de clasificación ou outras titulacións: presentar os títulos ou certificados que acrediten os accesos a cursos distintos a 1º de Básico.
- Alumnado procedente doutra Escola Oficial de Idiomas: certificados dos estudos realizados na mesma.