Comezamos as mobilidades #ErasmusPlus do curso 2024-2025. Neste curso están previstas 10 mobilidades para o profesorado. Trátase de cursos e estadías de aprendizaxe por observación (Jobshadowing). Polo de agora, compartimos convosco un cadro resumo das mobilidades que están previstas e os destinos. Podedes atopar información máis detallada na sección Erasmus+ da nosa web.
Premer na imaxe para saber mais.
Queremos dar as grazas a todo o alumnado que participou no Quiz dos #ErasmusDay. Se tedes curiosidade por saber cales son as respostas correctas tedes toda a información colgada no taboleiro do recuncho Erasmus+.
Nos próximos días iremos publicando información sobre as mobilidades Erasmus+ para o alumnado durante este curso.
Estade atentos!
Para celebrar os #ErasmusDays (14-19 outubro) o Equipo Erasmus da EOI Ourense convídate a participar no Concurso Quiz. Podes deixar as respostas ao quiz na caixa que atoparás no vestíbulo da escola ao carón das preguntas.
Busca algunhas das respostas na ligazón Erasmus+ da nosa web ou no taboleiro do recuncho Erasmus+. E para algunha outra terás que investigar algo máis. O martes 22 outubro ás 16.30 h no vestíbulo da escola sortearase un agasallo entre os acertantes de todas as preguntas.
Aberto a toda a comunidade (alumnado, profesorado, e persoal non docente).
Moita sorte e grazas a todos por participar!!!
Premer na imaxe para saber mais.
O día 26 de setembro celébrase o Dia Europeo das Linguas.
Na Escola Oficial de Idiomas celebramos o noso compromiso coa internacionalización do alumnado a través do programa Erasmus+. Premer na imaxe para saber mais.
COMMUNICATION PLAN: project executors, target groups, channels and action plan
COURSE ASSESSMENT CRITERIA-APRIL 2016
FACEBOOK MARCH COMMUNICATION TEAM
PUBLICACIÓN EN PRENSA 25-01-2015: Comienza la selección de estudiantes para el Erasmus Plus.
ALUMNADO INTERESADO EN PARTICIPAR: CONVOCATORIA E BASES. PRAZO PARA CARTA DE MOTIVACIÓN: 26/01/2015.
¿QUÉ ES EL PEER REVIEW? PRESENTACIÓN.
¿QUE É O PEER REVIEW? PRESENTACIÓN EN GALEGO.
SESIÓN INFORMATIVA SOBRE A PRÁCTICA EDUCATIVA DA AVALIACIÓN ENTRE IGUAIS. Días 14 e 15 xaneiro
EUROPEAN PEER REVIEW MANUAL. Introduction | Phases 1-4 | Quality areas | Peers | Resources |
MANUAL DO PROXECTO EUROPEO "PEER REVIEW" en español.
MANUAL DO PROXECTO EUROPEO "PEER REVIEW" en alemán
MANUAL DO PROXECTO EUROPEO "PEER REVIEW" en italiano
MANUAL DO PROXECTO EUROPEO "PEER REVIEW" en portugués