Mobilidades Profesorado Erasmus+

Comezamos as mobilidades #ErasmusPlus do curso 2024-2025. Neste curso están previstas 10 mobilidades para o profesorado. Trátase de cursos e estadías de aprendizaxe por observación (Jobshadowing). Polo de agora, compartimos convosco un cadro resumo das mobilidades que están previstas e os destinos. Podedes atopar información máis detallada na sección Erasmus+ da nosa web.

 Premer na imaxe para saber mais.