Vexa aquí a acta de proclamación de candidaturas
Vexa aquí o calendario das eleccións
Nas seguintes ligazóns pódese atopar información sobre a organización do curso:
HORARIOS DE CLASE | ADAPTACIÓN DE PROBAS | CAMBIOS DE GRUPO | REASIGNACIÓN DE NIVEL | RENUNCIA A MATRÍCULA
MATRÍCULA DO 11 ó 22 DE NOVEMBRO
A preinscrición farase online no enderezo: www.eoidigital.com/preinslinguagalega
Data de adxudicación de prazas: 25 de novembro (Consulta: 26 de novembro)
Tras a adxudicación de prazas a presentación da documentación farase en liña no enderezo:
www.eoidigital.com/preinslinguagalega (ata o 29 de novembro)
Pode ver aquí a INFORMACIÓN COMPLETA sobre os cursos ofertados.
Xa temos a oferta de mobilidades #ErasmusPlus do curso 2024-2025 para o alumnado. Durante este curso ofértanse 10 mobiidades en grupo e 2 mobilidades individuais de longa duración. As solicitudes están abertas a todo o alumnado da escola independentemente do idioma ou modalidade nas que estea matriculado. O prazo de presentación de solicitudes é do 13 ao 23 de novembro.
IMPORTANTE: De solicitar varias mobilidades, só se poderá obter praza nunha delas.
Pódese consultar a convocatoria e o baremo para cada tipo de mobilidade nas seguintes ligazóns:
Mobilidade individual TURQUÍA | Mobilidade individual GRECIA | Mobilidade en grupo PORTUGAL
Ver información detallada no Blog Erasmus+ ou premendo na imaxe.
Este martes 19 de novembro no Salón de Actos, o departamento de Chinés organiza unha charla co título "China-Xapón Malentendidos Culturais". A actividade está aberta a toda a comunidade educativa.
Premer na imaxe para saber mais.
Comezamos as mobilidades #ErasmusPlus do curso 2024-2025. Neste curso están previstas 10 mobilidades para o profesorado. Trátase de cursos e estadías de aprendizaxe por observación (Jobshadowing). Polo de agora, compartimos convosco un cadro resumo das mobilidades que están previstas e os destinos. Podedes atopar información máis detallada na sección Erasmus+ da nosa web.
Premer na imaxe para saber mais.
O equipo de actividades culturais quere organizar un festival/concurso de talentos o xoves 19 de decembro e necesitamos participantes.
A inscrición está aberta a toda a comunidade educativa. Pódese acceder ás bases do concurso e ao formulario de inscrición na seguinte ligazón (Formulario_Concurso_Talentos) ou escaneando o código QR da imaxe.
Animádevos a participar!!!