Skip to Content

DÍA DO PIXAMA, POLO DEREITO A MEDRAR EN FAMILIA

O vindeiro mércores día 20 de novembro, Día da Infancia e dos Dereitos do Neno e da Nena, un curso máis sumámonos a iniciativa da ASEAF  e da Asociacion galega Acougo polo dereito das nenas e dos nenos a ter unha familia, pola visibilización da labor que fan moitas familias que acollen temporalmente. Por iso este día todas e todos ao cole en pixama!!!

SOMOS UNHA ESCOLA VISUAL

Presentamos a nosa candidatura a ser unha ESCOLA VISUAL da Fundación Orange, co obxectivo de fomentar a inclusión, cun traballo de formación para nós e moitas propostas para o alumnado. De entre 300 candidaturas presentadas de centros educativos de toda España somos un dos dous centro da nosa Comunidade Autónoma seleccionados. Así que  estamos de parabéns, o noso traballo por unha escola cada vez máis inclusiva vai dando os seus froitos

CURSO 2024-2025

CURSO 2024-2025 de EEI SAN ROQUE

COMEDOR ESCOLAR. LISTAS PROVISIONAIS

Está publicada no taboleiro de anuncios do centro a Relación Provisional de Admitidos e a de Reserva, do alumnado que solicitou o servizo de comedor escolar para o curso 2024/2025.

O prazo de reclamacións remata o vindeiro xoves, día 12 de setembro ás 14:20.

REUNIÓN XERAL

Convidamos ás familias, con fillas/os matriculados neste centro, a unha reunión coas titoras de cada grupo de alumnos o luns día 9 de setembro ás 18:00 horas.

TRÍPTICO LIMPEZA DO ENTORNO NATURAL

 

PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN

E chegou a nosa quenda!! Despois de ser observadas polo profesorado do CRA Mestre Manuel Garcès o pasado 1 de marzo agora tócanos a nós facer a visita o próximo 19 de abril. 

Este programa permìtenos ter novas experiencias de cara a mellorar na nosa pràctica docente.

Estamos moi emocionadas e con moitas ganas!!

 

PARTICIPACIÓN EN PROXECTOS EUROPEOS ETWINNING

Coa finalidade de cofraternizar con centros escolares europeos perseguindo obxecruvos comunes, apuntámonos dende fai xa tres cursos a esta nova experiencia, os proxectos Etwinning. Este curso o alumnado de sexto de infantil està participando non só en un senón en dous proxectos:

 MY COMMUNITY, YOUR COMMUNITY, OUR WORLD

AGASALLOS DE NADAL: as nosas recomendacións

Como ben sendo de costume en tempo de Nadal achegámosvos unhas recomendacións de lecturas e xoguetes didácticos.

PRESENTACIÓN DA ANPA

Distribuir contido


by Dr. Radut