Skip to Content

PREMIO VOZ NATURA

O sábado día 5 de xuño DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE recibimos co periódico a boa nova de ternos concedido o Premio ao mellor traballo medioambiental infantil de Galicia no presente curso, dentro do Programa VOZ NATURA da Voz de Galicia. Para nós é unha gran noticia, nun curso tan díficil, non só polo premio en metálico se non tamén polo traballo realizado todos estes anos en favor do coidado da natureza. Pensamos que todo  o esforzo realizado e o traballo desenvolvido é merito de toda  a  Comunidade educativa polo que queremos agradecer a todas as familias o apoio recibido e a colaboración nas propostas, sempre vai en beneficio do alumnado, para que as nosas nenas e os nosos nenos teñan un futuro mellor.

 

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ALUMNADO DE 6º DE E.I.

No documento adxunto está a información para poder solicitar as Axudas para a adquisición de Libros de Texto e para Material escolar no vindeiro curso 2021/222 do alumnado que vai cursar 1º de Educación Primaria.

ADMISIÓN ALUMNADO DE NOVO INGRESO

     As listaxes provisionais do alumnado admitido para o vindeiro curso están publicadas no taboleiro de anuncios da entrada do centro.

     Todas as familias que solicitaron praza no noso Centro para a/o súa/seu filla/o foron admitidas e  deberán formalizar a matrícula a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

PROXECTO DA POLÍCIA NACIONAL

Desde está páxina queremos divulgar un proxecto da Polícia Nacional polo interese que pode ter para a nosa Comunidade educativa.

    #SéGenialEnInternet:

‘Sé Genial en Internet’, una iniciativa para enseñar a los niños buenos hábitos en el entorno digital

Na páxina da Polícia dise textualmente:

El proyecto ofrece un conjunto de recursos a familias y educadores para enseñar a los más pequeños a hacer un uso responsable de Internet

La iniciativa aborda cinco principios que se desprenden de todas las actividades y recomendaciones derivadas del programa dirigidas a niños, padres y profesores::

 

- Comparte con cuidado: Sé inteligente en Internet

- No caigas en trampas: Mantente alerta en Internet

- Protege tus secretos: Mantente seguro en Internet

- Ser amable es genial: Sé amable en Internet

- Si tienes dudas, pregunta: Sé valiente en Internet

BUSCANDO O NORTE

Dentro dos Plans Proxecta do curso pasado participamos no programa "Nós tamén creamos", un programa de promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación.

A actividade consistiu na realización dunha curtametraxe de animación a partir dun conto de OQO elexido polas nenas e nenos titulado" Buscando o norte".

Nós quixemos adaptar o conto e ubicalo na nosa localidade polo que a acción da curta discurre en Viveiro.

 No traballo realizado participaron tamén dúas das mestras que xa non están con nós, Paula e Olalla, as que agradecemos o seu esforzo, así como a Iván Vale autor da canción composta para esta curta. 

Polas circunstancias vividas este programa alongouse no tempo e non foi ata o de agora, que se fallaron os premios, que puidemos publicar a curta realizada.

Esperamos que disfrutedes moito deste fermoso conto

 

BUSCANDO O NORTE

 

RECORDATORIO

     Estimadas familias,

     Ante a situación crítica actual que vive o noso Concello, aos datos nos remitimos, o Claustro considera necesario recordarvos que todo o alumnado debe de traer máscara ao cole, por respecto a os seus compañeiros e compañeiras que a traen a diario e a toda a Comunidade educativa.

     Agradecemos o esforzo que faces tódolos días para evitar ter que pechar aulas.

     un saúdo.

2º TRIMESTRE

Queridas familias:

Queremos darvos a benvida ao comenzar o segundo trimestre deste curso atípico, asemade, dadas as circunstancias da pandemia, lembrarvos extremar as precaucións e seguir os protocolos establecidos nesta escola (como recordatorio procurade mirar a temperatura antes de acudir á escola e non envialos ante calquera síntoma, por pequeno que sexa, non facer grupos nas entradas e saídas...).

É responsabilidade de toda a comunidade educativa continuar coma no 1º trimestre.

Debemos coidarnos para coidar.

Grazas pola vosa responsabilidade e axuda.

POSTAIS DE NADAL

 
Decoramos a árbore da What do you want to do ?

New mail

Decoramos a árbore da entrada da nosa escola con postais de Nadal. realizadas polo noso alumnado en relación á temática do Camiño de Santiago.
 
 
What do you want to do ?

New mail

NADAL ESPECIAL

Este é un Nadal diferente polas circunstancias que nos rodean pero non por iso deixa de ser un tempo especial, de ilusións, de alegrías,... para as nosas nenas e os nosos nenos.

Por iso, desde o centro, queremos facer unha modesta aportación con recomendacións que poden axudar ao desenrolo do noso benquerido alumnado. Cun pequeno recordatorio neste tempo difícil para todos:

 MERCA NO COMERCIO LOCAL E DE PROXIMIDADE

 Axudarnos mutuamente é necesario, xa que sempre estaremos  interconectados, e o que é bo para un tamén será bo para a comunidade onde vive.

 

 

INFORMACIÓN BÁSICA PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

QUEREMOS COMPARTIR CON TODAS AS FAMILIAS UNHA INFORMACIÓN BÁSICA QUE PRETENDE AXUDARVOS A RECORDAR NORMAS, HORARIOS E RECOMENDACIÓNS PARA QUE A VOLTA AO COLE SEXA O MÁIS SEGURA POSIBLE.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut