Skip to Content

NÚMERO DE PRAZAS OFERTADAS PARA O CURSO 2023 / 2024

 

O número de prazas dispoñibles, para o vindeiro curso, neste centro son:

 

             de Educación Infantil …………................. 25 ( 22+3 )

          5º de Educación Infantil ……………………......   5 

6º de Educación Infantil …………………….. 23

 

TODO O NOSO APOIO A TURQUÍA

Dende a escola queremos dar todo o noso apoio  e amor, neste día tan especial, o día do Amor, ás nosas compañeiras tucas do proxecto Etwinning.

TODO O NOSO APOIO A TURQUÍA

Dende a escola queremos dar todo o noso apoio  e amor, neste día tan especial, o día do Amor, ás nosas compañeiras tucas do proxecto Etwinning.

3 DE DECEMBRO-DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Esta semana estivemos a traballar na escola e dentro do proxecto Inclué-t  o lema "Somos iguáis,somos diferentes". 

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES

IGUÁLA-T

Dentro dun dos proxectos dos contratos programa da Consellería está IGUÁLA-,  que ten como obxectivo fundamental promover e normalizar a igualdade de xénero como un dos dereitos fundamentais das persoas. Por ese motivo non podemos deixar visibilizar o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia conta a Muller, para iso a nosa proposta deste curso pasa por recoñecer as nosas avoas como referentes femininos, gracias a elas conseguimos dereitos e non deixaron nunca de loitar contra a violencia de xénero para facer un mundo mellor.

Por iso este venres,  25 N,  queremos convidalas a pasar con nós e cos seus netos unha xornada especial no noso centro.

Agardamos que veñan con ilusión e alegría como así as recibiremos.

 

VIII CONCURSO TRABALLO POR PROXECTOS

 A nosa comunidade educativa está de noraboa, vimos de recibir, tal e como aparece na Resolución que onte publicou a Consellería de Educación e Cultura na súa páxina principal, un dos premios do VIII Concurso de Traballo por Proxectos, en concreto co proxecto EMOCIONÁMONOS.

Un proxecto desenvolvido durante todo o curso pasado e que  supón un recoñecemento a labor de todo persoal deste centro pero tamén a inestimable colaboración de todas as familias que o formamos. Resultou un proxecto moi significativo e, como non, emocionante no que tamén colaboraron alumnos do noso centro adscrito CEP Lois Tobío co mestre de música Iván Vale á cabeza, ó  que damos as grazas dende aquí pola súas aportacións e moi bo facer, este premio tamén é para eles.

Isto reafirmanos na idea de que o traballo entre todos, en colaboración e harmonía, sempre suma e da moi bos froitos e non polos premios, que tamén, se non polo proceso e polos resultados finais que sin dúbida melloran a  aprendizaxe significativa e a calidade da ensinanza dun centro  que traballa arreo por mellorala cada día, por ende, por mellorar o futuro do noso alumnado e da sociedade en xeral.

Tamén supón unha alegría que outros dous centros da Mariña, xunto cos que formamos a Microrrede de bibliotecas escolares desta comarca dende os inicios, veñan de recibir cadanseu premio, para béns para eles tamén.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2022-2023

           Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/2023 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 2 de xuño).

 

As clases darán comezo o día 8 de setembro de 2022 e rematarán o

día 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.

 

Períodos de vacacións:

 

Nadal: dende o día 23 de decembro de 2022 ata o 6 de xaneiro de

2023, ambos inclusive.

 

Entroido: 20, 21 e 22 de febreiro de 2023.

 

Semana Santa: dende o día 3 ao 10 de abril de 2023, ambos

inclusive.

 

 

   Días non lectivos:

 

     Día do ensino: 31 de outubro de 2022.

 

     De elección propia: 15 e 16 de maio de 2023

       

Distribuir contido


by Dr. Radut