Skip to Content

Alumnos/as novos/as

INFORMACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO 2023-2024

 

          1.-Os alumnos/as matriculados neste centro non teñen que facer reserva de matrícula de cara ao vindeiro curso escolar, estarán matriculados automaticamente.

          2.- O alumnado de novo ingreso só pode presentar unha única solicitude e farase no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento deste punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

       Dita solicitude terá que vir asinada polos dous proxenitores.

3.- Chegado o caso de ter que aplicar o baremo ( número de solicitudes presentadas superior ao de prazas ofertadas polo centro), abrirase un prazo de 10 días hábiles contados a partir do día 23 de marzo para achegar, de forma presencial, a documentación xustificativa dos criterios de baremo:

 . Consultarase de forma automática (salvo oposición expresa que conste na solicitude) e non será necesario acreditar:

  - Domicilio fiscal e renda percápita da unidade familiar.

   - Condición de familia numerosa.

  - Discapacidade do alumnado, proxenitores, titores ou irmáns, recoñecida pola Xunta de Galicia.

  . Familia monoparental. Enténdese como tal a composta por un único proxenitor ou proxenitora, que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal, e  os fillos ou fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa económicamente ao seu sustento.

Para a valoración deste criterio a persoa interesada terá que presentar a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas.

 . O criterio complementario aprobado polo Consello Escolar do centro é:

Que ámbolos dous proxenitores ou titores legais teñan responsabilidades laborais, o que terán que acreditar documentalmente”.

           4.- As listaxes provisionais  có alumnado admitido e o non admitido publicaranse o día 23 de abril.

O prazo para formular reclamacións será de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das listaxes.

5.- As listases definitivas publicaranse o día 14 de maio.

6.- Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

7.- Área de influencia do centro: Consultar mapa no taboleiro da entrada do centro.

           8.- Os servizos Complementarios que oferta o centro son:     

                . Servizo de transporte.

                . Servizo de comedor.

                . Servizo de madrugadores.

 

       O alumnado que queira trasladarse do noso centro a outro, terá que:

     - Solicitar en Secretaría un Certificado de Matrícula que entregará no Centro ao que queira trasladarse.

     - Presentar a solicitude de admisión xunto có Certificado de matrícula no centro novo no que desexe matricularse.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 O vindeiro mércores, día 1 de marzo ás 16:30, recibiremos a todas as familias con nenos e nenas que o vindeiro curso 2023/2024 inicien a escolarización en Educación Infantil (nados no ano 2020),  para que poidan coñecer as instalacións do noso centro, o noso proxecto educativo e  tamén  recoller os impresos de admisión.

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO

SI  QUERES  COÑECERNOS, VEN A VISITARNOS

 Teléfono de contacto: 982 870 957

               

    

 

 

   INFORMACIÓN DE INTERESE:

           1.-Os alumnos/as matriculados neste centro non teñen que facer reserva de matrícula de cara ao vindeiro curso escolar, estarán matriculados automaticamente.

           2.- O alumnado de novo ingreso só pode presentar unha única solicitude e farase no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento deste punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

                   Dita solicitude terá que vir asinada polos dous proxenitores.

 3.-criterio complementario aprobado polo Consello Escolar do centro é: “Que ámbolos dous proxenitores ou titores legais teñan responsabilidades laborais, o que terán que acreditar documentalmente”.

  4.- Formalización da matrícula do alumnado admitido no centro: do 20 ao 30 de xuño.

  5.- Área de influencia do centro: Consultar mapa no taboleiro da entrada do centro.

             6.- Os servizos Complementarios que oferta o centro son: 

                  . Servizo de transporte.

                  . Servizo de comedor.

 

     Normativa reguladora do proceso:

     - Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se regula o procedemento de admision  do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos p'ublicos (DOG do 8 de novembro)

 

CURSO 2021-2022

O claustro da EEI San Roque quere darvos a benvida a todas as familias a este novo curso 2021-2022 que vai a estar marcado novamente polo protoclo COVID-19. Así pois, convocamos a todas as familias a unha primeira reunión presencial onde as titoras solventarán todas as dúbidas e preguntas que poidan xurdir. Os horarios das reunións son os seguintes:

4º EI: 6 de setembro

         4º A: ás 16:00 (ALUMNADO COS APELIDOS COMPRENDIDOS ENTRE ÁLVAREZ E OTERO)

         4º B: ás 18:00 (ALUMNADO COS APELIDOS COMPRENDIDOS ENTRE PARDO E VALE)

5º EI: 7 de setembro ás 10:00

6º EI: 8 de setembro 

          6º A: ás 10:00

          6º B: ás 12:00

 

MATRÍCULA CURSO 2020-2021

XORNADA DE ACOLLIDA PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO. CURSO 2019/2020

 

 

   XORNADA DE ACOLLIDA

 PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO 

 

Día 12 de xuño ás 17:00 horas

 

RECOMENDACIÓNS PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO

Distribuir contido


by Dr. Radut