Skip to Content

Secretaría

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 24 25

SOLICITUDE PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DESTINADA AO ALUMNADO ADMITIDO EN 1º DE PRIMARIA.

SOLICITUDE PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DESTINADA AO ALUMNADO ADMITIDO EN 1º DE PRIMARIA.

Normativa: Orde de 7 de maio de 2024 (DOG 20/05/24)

Prazo de solicitudes: Dende o 21 de maio de 2024 ata o 21 de xuño de 2024 (incluído).

Lugar de presentación: Secretaría do CEIP Rosalía de Castro

As solicitudes tamén poderán presentarse vía electrónica no formulario normalizado (ED 330B- anexos I e II) disponible na aplicación fondolibros e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a aínda que estean no mesmo centro.  

CONVOCATORIA PÁXINA DA CONSELLERÍA

ENLACE PÁXINA FONDO LIBROS

ENLACE SEDE ELECTRÓNICA

SOLICITUDE ANEXO I e II

Máis información no archivo adxunto.

SERVIZO MUNICIPAL DE MADRUGADORES

O vindeiro luns, 18 de setembro comeza o servizo municipal de madrugadores no noso centro, en horario de 7,30 a 9 horas.

Unha vez descargada a APP Colechef, deberedes rexistrarvos co código do centro: ESKRL0GI27 (en vermello o número 0).

Calqueira incidencia podedes contactar no e-mail: comedoreslugo@alimentacionsaludablegallega.net ou no teléfono 630 363 844.

Os /as usuarios esporádicos deberedes inscribirvos e posteriormente avisar, antes das 20 h do día anterior, no correo ou no teléfono que figura arriba.

Nos adxuntos atoparedes información relativa ao servizo.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023/24

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. 5º DE INFANTIL

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CONCELLO DE LUGO

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2023/24

O alumnado de 4º educación infantil admitido no centro deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño ambos incluídos, segundo o previsto no capítulo IV da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Horario para os días 20 e 21: 9.30 a 11.15h.

Horario a partir do día 22: de 9 a 14h.

Entregarase na secretaría do centro a documentación que a continuación se relaciona.

  • IMPRESO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA (documento adxunto).
  • OPCIÓN SOBRE O ENSINO DA RELIXIÓN/ATENCIÓN EDUCATIVA (documento adxunto).
  • AUTORIZACIÓN USO DA IMAXE PERSOAL DO ALUMNADO (documento adxunto).
  • CUESTIONARIO SOBRE A LINGUA MATERNA DO ALUMNADO (documento adxunto).
  • AUTORIZACIÓN PARA A SAÍDA Á CONTORNA.
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA (só as familias que non entregaron copia en marzo)
  • FOTOCOPIA DA TARXETA DE PRESTACIÓN SANITARIA DA ALUMNA/O.
  • FOTOCOPIA DOS DNI DOS PROXENITORES (só as familias que non entregaron copia en marzo).
  • INFORME MÉDICO NO QUE CONSTE QUE, DESDE O PUNTO DE VISTA SANITARIO, A ALUMNA/O NON PADECE ENFERMIDADE INFECTO-CONTAXIOSA E SE ATOPA EN CONDICIÓNS DE MATRICULARSE NUN CENTRO ORDINARIO.
  • COPIA DA CARTILLA DE VACUNACIÓN DA ALUMNA/O.
  • NO CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, COPIA COMPULSADA DA SENTENZA XUDICIAL E/OU DO CONVENIO REGULADOR ONDE CONSTE A CUSTODIA DA ALUMNA/O.
  • 2 FOTOS TAMAÑO CARNET.

 Os documentos editables figuran nos adxuntos.

CALENDARIO ESCOLAR 22/23

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

COÑECE A TÚA ESCOLA!

Distribuir contido


by Dr. Radut