Skip to Content

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2023/24

O alumnado de 4º educación infantil admitido no centro deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño ambos incluídos, segundo o previsto no capítulo IV da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Horario para os días 20 e 21: 9.30 a 11.15h.

Horario a partir do día 22: de 9 a 14h.

Entregarase na secretaría do centro a documentación que a continuación se relaciona.

  • IMPRESO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA (documento adxunto).
  • OPCIÓN SOBRE O ENSINO DA RELIXIÓN/ATENCIÓN EDUCATIVA (documento adxunto).
  • AUTORIZACIÓN USO DA IMAXE PERSOAL DO ALUMNADO (documento adxunto).
  • CUESTIONARIO SOBRE A LINGUA MATERNA DO ALUMNADO (documento adxunto).
  • AUTORIZACIÓN PARA A SAÍDA Á CONTORNA.
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA (só as familias que non entregaron copia en marzo)
  • FOTOCOPIA DA TARXETA DE PRESTACIÓN SANITARIA DA ALUMNA/O.
  • FOTOCOPIA DOS DNI DOS PROXENITORES (só as familias que non entregaron copia en marzo).
  • INFORME MÉDICO NO QUE CONSTE QUE, DESDE O PUNTO DE VISTA SANITARIO, A ALUMNA/O NON PADECE ENFERMIDADE INFECTO-CONTAXIOSA E SE ATOPA EN CONDICIÓNS DE MATRICULARSE NUN CENTRO ORDINARIO.
  • COPIA DA CARTILLA DE VACUNACIÓN DA ALUMNA/O.
  • NO CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, COPIA COMPULSADA DA SENTENZA XUDICIAL E/OU DO CONVENIO REGULADOR ONDE CONSTE A CUSTODIA DA ALUMNA/O.
  • 2 FOTOS TAMAÑO CARNET.

 Os documentos editables figuran nos adxuntos.

AdxuntoTamaño
DOCUMENTACIÓN PARA A MATRÍCULA.pdf38 KB
IMPRESO_FORMALIZACIÓN_MATRÍCULA EDITABLE.pdf142.56 KB
AUTORIZACIÓN DE USO DA IMAXE DO ALUMNADO.pdf53.74 KB
CUESTIONARIO LINGUA MATERNA.pdf47.49 KB
RELIXIÓN ATENCIÓN EDUCATIVA.pdf52.62 KB
AUTORIZACIÓN SAÍDA A CONTORNA.pdf46.79 KB


page | by Dr. Radut