Skip to Content

Funcionamento

LETRAS GALEGAS 2024

Premendo na imaxe poderás coñecer, da man do noso alumnado, un pouco máis da vida e obra de Luísa Villalta, homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas. 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O noso alumnado superou o reto plantexado pola burriña Castaña para conmemorar o día das bibliotecas (24 de outubro). Grazas a iso conseguiron unha bolsa de tela sostible na que levar, en préstamo, os contos da nosa biblioteca ata as súas casas.

DÍA DO LIBRO 2023

Mónica García, mamá de 6º de infantil, voltou á escola para contarlle ao alumnado a lenda de Sant Jordi, á vez que desenvolveu un obradoiro de rosas.

Clicando na seguiente imaxe poderás visionar o Bookface creado con motivo do día do Libro.


COMEZA O SEGUNDO TRIMESTRE!!

MAGOSTO

A MASCOTA DA NOSA BIBLIOTECA

A BURRIÑA CASTAÑA é a mascota da nosa biblioteca. Resultou gañadora no concurso: Unha mascota para a nosa biblioteca, convocado pola responsable de biblioteca e participado polas nosas alumnas e alumnos.

Benvida á nosa escola! Espérannos moitas aventuras da túa man Guiño

PLAN DINAMIZADOR

 

Dende o Centro proxectamos un plan de fomento de iniciación á lectura, polo que consideramos moi importante un bo funcionamento da Biblioteca, para sacarlle o mellor aproveitamento posible por parte dos membros da comunidade educativa e do  alumnado do Centro en particular.

Partimos dun funcinamento global da Biblioteca a nivel  de Centro e  de aula, realizando o longo de curso un sistema de préstamos de libros para o alumnado de 4º de Infantil (3 anos), 5º de Infantil (4 anos) e 6º de Infantil (5 anos).

Con este sistema o alumnado pode levar libros para ler na casa e dispor dunha ficha (tipo libro) de usuario da Biblioteca, onde rexistra os contos coa data de devolución en horario de préstamos indicado,un día a semana por curso.

Figura como responsable do plan dinamizador da Biblioteca a profesora Dona Leticia Castiñeira López

 

 

 

 

DISTRIBUCIÓN - UBICACIÓN




Biblioteca Central  situada no hall da entrada : 

- Sección  préstamos alumnado

- Sección consulta e  información do Profesorado

Biblioteca de aula en cada aula

OBXECTIVOS BIBLIOTECA CENTRO




-Mellorar o funcionamento da Biblioteca do Centro

-Iniciar ao alumnado en adquisición de hábitos de fomento da lectura.

-Realizar  unha actualización dos fondos da biblioteca escolar

-Priorizar a adquisición de  material en galego.-




 

 

   

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut