Skip to Content

PLAN DINAMIZADOR

 

Dende o Centro proxectamos un plan de fomento de iniciación á lectura, polo que consideramos moi importante un bo funcionamento da Biblioteca, para sacarlle o mellor aproveitamento posible por parte dos membros da comunidade educativa e do  alumnado do Centro en particular.

Partimos dun funcinamento global da Biblioteca a nivel  de Centro e  de aula, realizando o longo de curso un sistema de préstamos de libros para o alumnado de 4º de Infantil (3 anos), 5º de Infantil (4 anos) e 6º de Infantil (5 anos).

Con este sistema o alumnado pode levar libros para ler na casa e dispor dunha ficha (tipo libro) de usuario da Biblioteca, onde rexistra os contos coa data de devolución en horario de préstamos indicado,un día a semana por curso.

Figura como responsable do plan dinamizador da Biblioteca a profesora Dona Leticia Castiñeira López

 

 

 

 



page | by Dr. Radut