Skip to Content

XORNADAS DE XADREZ

Un ano máis desfrutamos na escola de dúas sesións de xadrez, nas aulas de 5º e 6º de infantil, a cargo de XAQUEDRUM. Moitas grazas, Pablo e Diego!

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CONCELLO DE LUGO

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2023/24

O alumnado de 4º educación infantil admitido no centro deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño ambos incluídos, segundo o previsto no capítulo IV da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Horario para os días 20 e 21: 9.30 a 11.15h.

Horario a partir do día 22: de 9 a 14h.

Entregarase na secretaría do centro a documentación que a continuación se relaciona.

  • IMPRESO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA (documento adxunto).
  • OPCIÓN SOBRE O ENSINO DA RELIXIÓN/ATENCIÓN EDUCATIVA (documento adxunto).
  • AUTORIZACIÓN USO DA IMAXE PERSOAL DO ALUMNADO (documento adxunto).
  • CUESTIONARIO SOBRE A LINGUA MATERNA DO ALUMNADO (documento adxunto).
  • AUTORIZACIÓN PARA A SAÍDA Á CONTORNA.
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA (só as familias que non entregaron copia en marzo)
  • FOTOCOPIA DA TARXETA DE PRESTACIÓN SANITARIA DA ALUMNA/O.
  • FOTOCOPIA DOS DNI DOS PROXENITORES (só as familias que non entregaron copia en marzo).
  • INFORME MÉDICO NO QUE CONSTE QUE, DESDE O PUNTO DE VISTA SANITARIO, A ALUMNA/O NON PADECE ENFERMIDADE INFECTO-CONTAXIOSA E SE ATOPA EN CONDICIÓNS DE MATRICULARSE NUN CENTRO ORDINARIO.
  • COPIA DA CARTILLA DE VACUNACIÓN DA ALUMNA/O.
  • NO CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, COPIA COMPULSADA DA SENTENZA XUDICIAL E/OU DO CONVENIO REGULADOR ONDE CONSTE A CUSTODIA DA ALUMNA/O.
  • 2 FOTOS TAMAÑO CARNET.

 Os documentos editables figuran nos adxuntos.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Onte, 5 de xuño, día Mundial do Medio Ambiente plantamos unha moreira na contorna da nosa escola. Coidar, protexer e respectar a natureza forma parte dos nosos ideais.

GAÑADORES 1º PREMIO DE RETOS DE POLOS CREATIVOS

A nosa escola resultou premiada no concurso de Retos de Polos Creativos, na categoría de mellor proxecto de fomento de hábitos de vida saudable e sostibilidade, co proxecto Dragón Plasticón.

Unha representación de mestras e alumnado acudiu a Santiago para recoller o trofeo e o premio (unha nova máquina para o Polo Creativo).

Se clicas na primeira imaxe poderás ver en video a recollida do trofeo.

 

SCIENCE IN ENGLISH

  

HORTO ESCOLAR

Clica na imaxe e poderás ver o que estamos a traballar no noso horto!

VISITA XOGADORES E MASCOTA DO CB BREOGÁN

OBRADOIRO CASTAÑOLAS. LETRAS GALEGAS 2023

    

Rematamos a semana das nosas Letras cun obradoiro de castañolas, inspiradas no libro Danzas populares gallegas, de Francisco Fernández del Riego.

LETRAS GALEGAS 2023

CLICANDO NA IMAXE PODERÁS ACCEDER AO VIDEO SOBRE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, ESCENIFICADO E NARRADO POLO NOSO ALUMNADO.

Distribuir contido


by Dr. Radut