Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ

RECOLLIDA DE TAPÓNS - ASPNAIS

Este curso iniciamos unha colaboración con Aspnais para a recollida de tapóns na nosa escola. Esta iniciativa forma parte do CP EduSostibilidade no que participa o centro.

CHARLA SOBRE COIDADO DE ANIMAIS

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN

De conformidade co Artigo 27, da Orde do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos, o 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para o alumnado de 6º de infantil que inicia a etapa de Ed. Primaria.

O centro de adscrición da nosa escola é o CEIP ROSALÍA DE CASTRO.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro, ambos incluídos.

As solicitudes de reserva, en papel, serán entregadas na secretaría do noso centro.

Máis información no ficheiro adxunto

Todas aquelas familias que non opten por entregar a solicitude en papel na secretaría do noso centro, poderán facelo telemáticamente a través da aplicación admisión alumnado (clicar no enlace) e posteriormente rexistrala por Sede Electrónica (clicar no enlace).

Cuestións a ter en conta:

- Non é obrigatorio reservar praza no centro de adscrición. Aquelas familias que desexen elexir outro centro non poderán entregar a solicitude de reserva e deberán agardar ao mes de marzo para facer a solicitude a admisión no centro que escollan (ter en conta que a praza estará suxeita a existencia de vacantes dese centro para o curso en cuestión).

- Unha vez feita a reserva no centro de adscrición, esta é vinculante, polo que tan só se pode renunciar a ela ata o día anterior ao prazo de presentación ordinario de solicitudes de admisión (1-20 de marzo). De non facer renuncia neste tempo implicaría non poder participar no proceso ordinario de admisión. Se finalmente non quixesen matricularse nese centro terán que facer solicitude de escolarización fóra de prazo.

 

Calquera consulta no teléfono do centro: 982870460 ou no correo electrónico: eei.numero2.fingoi@edu.xunta.gal

 

NADAL 2024

Rematamos o trimestre cunha sesión de cine conxunta (vídeo no enlace) e coa visita de Papá Noel. 

https://drive.google.com/file/d/11_98NlZ3TqGQFnXWYnCaCq3UMJ-kDi7M/view?usp=sharing

ADORNOS DE NADAL

 

CLICA NA IMAXE PARA VER O CONTIDO DO VIDEO

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 ACCEDE AO CONTIDO DO VIDEO CLICANDO NA IMAXE

20N: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

MAGOSTO 2023

O venres, 17 de novembro, celebramos a festa do magosto con xogos, cun obradoiro de follas e levando para casa uns cucuruchos ben cargados de castañas asadas.

Moitas grazas familias pola vosa colaboración!

Clicade na imaxe para ver o contido completo.

ARGALLANDO CON LEGO

CLICA NA IMAXE PARA VER O CONTIDO

Distribuir contido


by Dr. Radut