Skip to Content

XORNADA DE HORTA

Vendo como medran as nosas espinacas e repolos, hoxe tocou plantar as... LEITUGAS!


EASTER. FIND THE EGG

Rematamos o 2º trimestre cun divertidísimo Escape Room organizado pola nosa teacher Sara. Pasámolo xenial buscando os ovos de chocolate que nos deixou o coelliño.

Clica para descubrilo!

 

 

CÉ ORQUESTRA PANTASMA

O martes, 5 de abril, visitounos Cé Orquestra Pantasma, unha actividade ofertada por Afundación e financiada polas nais e pais do noso alumnado.

Ollade no seguinte video e veredes que ben o pasamos!

 

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Mañá, 2 de abril, celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. O conto escollido: O cazo de Lorenzo.

PLANTANDO ESPINACAS E REPOLOS!!

Esta semana, na xornada de horto tocou plantar as ESPINACAS e os REPOLOS. Ollade no seguinte vídeo para ver que ben traballamos!

Clica na imaxe

ANPA NA NOSA ESCOLA!

DÍA DA POESÍA

Hoxe, 21 de marzo, comeza a primavera pero tamén se celebra o Día da Poesía. A nosa mestra Bea,  que non só é mestra, senón tamén escritora, compuxo para a Burriña Castaña este poema tan fermoso. Arredor del, as nosas nenas e nenos fixeron múltiples actividades.

Clica na imaxe e bótalle unha ollada!!

 

No seguinte enlace poderás ver ao noso alumnado recitando o poema: CASTAÑA, A BURRA POETA.

https://drive.google.com/file/d/16B_yCS_nJ0GTSXVErAeOua2prwbBS5aY/view?u...

 

ENGLISH 1st TERM ACTIVITIES

Clica na imaxe para acceder ao seu contido.

HORTO ESCOLAR

Onte deu comezo o programa de Horto Escolar: 5 lúas cantando e sementando, financiado polo Concello de Lugo e impartido por Tradescola.

O noso alumnado iniciouse na prantación de ESPINACAS, empregando envases biodegradables. Protexer o medio tamén é un dos nosos obxectivos como escola!

ARGALLANDO CON DOC, O ROBOT!

Distribuir contido


by Dr. Radut