Skip to Content

ARGALLANDO CON DOC, O ROBOT!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Olimpia Valencia, Isabel Zendal e Ángeles Alvariño foron as nosas pioneiras galegas elexidas para conmemorar o 8 - M, Día Internacional da Muller. Homenaxe especial tamén para as nosas nais, nenas e mestras reflexado nunha especie de pseudocaligrama que quedou exposto na entrada da escola.

 

ENTROIDO 2022

SEMENTANDO PENSAMENTOS

O 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro. Na nosa escola fixémolo prantando pensamentos, a flor preferida da nosa poeta. Agardamos nos duren moito tempo!

TEMPO DE ENTROIDO

Atentos ao seguinte vídeo, chega o Meco...

ANA E A LÚA LUEIRA. TOÑO NÚÑEZ

O venres, 11 de febreiro, visitou a nosa escola Toño Núñez para presentarnos o seu libro ANA E A LÚA LUEIRA.

En palabras do propio Toño: de neno fun NENO e agora son ARGALLEIRO e ESCRITOR. Que ben o pasamos!!

Moitas grazas pola visita, foi todo un pracer!

 

11 de febreiro: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA E TECNOLOXÍA.

DÍA DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o Día Internacional da Paz. Así o celebramos na nosa escola!!

CLICA NA SEGUINTE IMAXE PARA ACCEDER AO VÍDEO

 

 

CHARLA SOBRE BENESTAR E COIDADO ANIMAL

Jesús Cantalapiedra é un veterinario funcionario da Xunta de Galicia que acudiu á nosa escola para ensinar ás nosas nenas e nenos o que supón ter unha mascota. Fixo fincapé en que "unha mascota non é sinónimo de xoguete" polo que debemos prestarlle unha serie de coidados e garantizar o seu benestar.

Tamén nos recordou que se estamos pensando en ter mascota, xa sexa un can ou gato, a mellor opción é a adopción.

Moitas grazas, Jesús, polas túas ensinanzas. 

 

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

NOVO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN COVID-19

Ver información no archivo adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut