Skip to Content

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN E LIBROS DE TEXTO E MATERIAL EDUCATIVO NO SEGUNDO CICLO DA EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO 2022/23. CONCELLO DE LUGO

Convocadas as axudas para libros de texto e material escolar, do Concello de Lugo, para alumnado de Ed. Infantil.

Máis información nos archivos adxuntos.

AÍ VÉN O MAIO...

LETRAS GALEGAS 2022

Florencio Delgado Gurriarán é o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2022.

Clicando no seguinte vídeo poderedes coñecelo, un pouco mellor, da man do noso alumnado.

INICIACIÓN Á LINGUAXE DE SIGNOS

O alumnado de 4º de infantil iniciouse na linguaxe de signos a través dunha canción sobre os días da semana.

Clicando nos seguintes enlaces poderedes ver o ben que o fan.

https://drive.google.com/file/d/142Ro5JSP2sBxuV2ug1Ilq7JNjMiGIKgs/view?usp=sharing

 

 https://drive.google.com/file/d/1VbLtkBjAAlHycp-UI3YN5v7Rgqm1pWJu/view?usp=sharing

SAÍDA Á BIBLIOTECA PROVINCIAL

COÑECENDO A NOSA CIDADE

Onte acercouse ata a nosa escola Guido, guía turístico, que compartiu con nós os seus coñecementos sobre a nosa cidade. Fixo un percorrido polo patrimonio histórico, a contorna natural e a arte urbana.

Tamén nos animou a colaborar co proxecto @coidemoslugo.

Grazas, Guido, polas túas achegas!

PETE THE CAT!!

O venres desfrutamos dun novo conto en inglés: PETE THE CAT, nesta ocasión grazas a Elaine, outra nai do noso cole.

Damos por rematada así a Semana do libro 2022.

BROWN BEAR, BROWN BEAR...

Este mércores tivemos o pracer de escoitar o conto: BROWN BEAR, BROWN BEAR WHAT DO YOU SEE, grazas á colaboración de Alison, unha das nais da nosa escola. Unha xornada moi especial!

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

 Pinchando na imaxe poderás ver o fermosas que están as nosas árbores polo Día do Libro.

Velaquí máis actividades realizadas polo noso alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut