Skip to Content

Os Tigres (2018-2021)

Graduación OSTIGRES

CHEGOU O FINAL DE CURSO E CON ELA OS TIGRES REMATAN ESTA ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL.
 
ORGANIZARON PARA NÓS UN ESPECTÁCULO!!!
 
COMEZARON CUNHA PEQUENA OBRA DE TEATRO BASEADA NUN GUIÓN ELABORADO POR TODA A CLASE:
"NA SELVA DO ALBA".
 
 
A CONTINUACIÓN CANTARON
"I CAN SING A RAINBOW"
 
 
E PARA REMATAR, BAILARON A CANCIÓN:
"WAKA WAKA"
 
 
AO REMATE DO ESPECTÁCULA REPARTIRON ENTRE TODA A ESCOLA
RICAS LAMBETADAS, AGASALLO DA ANPA.
 
MOI BEN, TIGRES! SODES UNS ARTISTAS!

naceron pitiños, outra vez

Trala tristeza producida en tódol@s nen@s da clase pola morte dos nosos primeiros pitiños, Luca trouxo outros 5 ovos para ver se desta vez temos máis sorte. puxémolos na incubadora, programámola, estivemos atent@s á temperatura e procuramos que tivesen auga, como a primeira vez. E despois dos 21 días exactos, hoxe 10 de xuño,  cando xa estabamos a piques de rematar a clase, Nene descubriu que  nacera un pitiño. Entusiasmad@s con esta nova, apampad@s contemplando como se movía, decatáronse que había outro ovo peteirado, outro pitiño quería nacer......Antes de marchar a comedor toda a escola era coñecedora da noticia e observaba asombrada as dúas criaturiñas que agora teremos que coidar con agarimo.

Un cole no medio da natureza: Cereixas

Temos moita sorte, o noso patio está pegado a unha finca que conta cunha plantación de cerdeiras. Cando saímos o venres ao patio, atopamos cereixas maduras no chan.

Os paxariños, coma nós, pensan que están boas.

Xa postos apañamos as cereixas que estaban ao nosso alcance. Despois calculamos, contamos, finalmente saboreamos! MMMMMM, que ricas matemáticas!

Creando bechiños

Con diversas partes, pauciños, gomas, pedras, sementes, ollos,....somos quen de crear os nosos bechiños. Miramos un debuxo, ou seguimos unha idea diferente.


Pezas diferentes, distintas escollas, cabezas diversas, respostas variadas...

Somos uns artistas! 

A LINGUA DA RA

IMOS CONVERTERNOS EN RA, CUNHA LINGUA QUE SE DESPREGA IGUAL QUE A LINGUA DESTES ANIMAIS. FACEMOS UNHA MÁSCARA.

DESPOIS SAÍMOS, SALTAMOS, CROAMOS, ESTIRAMOS AS NOSAS LINGUAS.

 

EXPERIMENTO: FLUÍDO NON NEWTONIANO.

AS RAS TEÑEN UNHA SALIVA MOI ESPECIAL. AS VECES É MÁIS MESTA E OUTRAS É LÍQUIDA. IMOS PROBAR NÓS A PREPARAR UN DESTES FLUÍDOS. SÓ PRECISAMOS MAIZENA E AUGA. 

AS VECES E NON PODEMOS MOVELO, ESTÁ DURO, A CULLER NON O ATRAVESA, PERO SE METEMOS O DEDO AFÚNDESE COMA NUN LÍQUIDO.

SE APRETAMOS FACEOS UNHA BOLA, SE SOLTAMOS, ESCÓRRESE COMA AUGA.

EXPERIMENTAMOS CUN FLUÍDO NON NEWTONIANO!!!!

WHAT ANIMAL AM I?

TEACHER GOELE READ US A STORY: A FARM ANIMAL TALE.

THEN WE PLAYED A GUESSING GAME!

WHAT ANIMAL AM I?

THE GAME CONSITS OF A STUDENT WEARING A HEADBAND WITH AN ANIMAL CARD ON IT. BUT OF COURSE THE STUDENT CAN'T SEE THE CARD! 
 THE REST OF THE CLASSMATES HAVE TO MAKE GESTURES OR ACT OUT THE ANIMAL SOUND SO THE STUDENT WEARING THE HEADBAND CAN GUESS THE CORRECT ANIMAL.

 SO FUN!!

Distribuir contido


by Dr. Radut