Skip to Content

Os Tigres (2018-2021)

Trenza de pan de leite

Á volta da Pascua, os Tigres cociñamos trenzas, seguimos a receita que descubriredes neste enlace: Trenzas de pan de leite

Pesamos a fariña, azucre, levadura e medimos o leite.

Mesturamos todo.

Amasamos 10 minutos

Dividimos a masa en tres e facemos churros e trenzamos. 

Agora deixamos repousar as trenzas  45´ tapadas cun pano.

Meter no forno 15´ e comer. MMMMM! Que bo!

 

Imos incubar pitiños

Hoxe Ainhoa trouxo á clase 9 ovos de galiña. Imos metelos na nosa incubadora. A ver se nacen os pitiños.

Así que fomos buscar a incubadora, preguntámoslle a profe Laura, pero no seu despacho non estaba.

U´la incubadora?

Xa na clase, seguimos as instruccións. Primeiro ensamblamos as diferentes partes da máquina. Un a un, puxemos os ovos no seu espazo, mentres, sumámos e restamos.

Finalmente sobraron 2 ovos, porque o noso aparello só ten cabida para 7. 

7+2=9. Parece que dan as contas.

Buscamos un sitio tranquilo para colocar a máquina, que non lle dea o sol, que non estea entre correntes, que non tropecemos con ela. Enchufámola,  progamámola segundo as instruccións e poñemos auga no lugar correspondente. 

Seguiremos controlando, xa sabemos que tardarán en saír 21 días, alá polo 5 de Maio segundo as nosas contas.

Cociñamos Pizza

We need: tomato, oil, olives, cheese, ham and oregano.

And this is how we made it:

First we wet our hands and the paper with oil and we stretched the dough.

We put the ingredients on the dough

Finally we spread oregano over the ingredients.

Experimento: Un volcán na clase

O volcán Etna, en Italia, está en erupción, os Tigres están moi interesados nesta noticia. Así que nos parece un bo omento para realizar este experimento que recrea unha erupción volcánica. Usamos plastilina e unha botella, para o volcán. Vinagre, colorante, xabón e bicarbonato.

Descubrimos novos espazos no xardín

Hai uns días plantando os caraveis no xardín a nosa amiga Nene descubriu unha árbore pola que se podía gabear.  Que boa idea! Algúns Tigres quixeron imitala

Tinguimos caraveis

Un día fomos camiñando ata a floristería para conseguir caraveis brancos, poallaba un pouco pero puxemos os chuvasqueiros e .....alá fomos. 

A florista non estaba, a pobre tivo un accidente e estaba no hospital. Pero encargamos as flores por teléfono e tiñámolas alí ó día seguinte.

 

Preparamos cores con auga e colorante alimentario, observando a formación das cores secundarias mesturando as primaria. Seguindo as instruccións de Xoán acortamos os talos e facémoslles un par de tallos antes de os olocar na auga colorida. 

Agora toca esperar!

Finalmente chantamos os brotes e anacos de caraveis no xardín, a ver se saen!

Un Xardín Para Alma Thomas

Alma Thomas imaxinábase voando sobre as flores, árbores, a natureza que a rodea. Dende aclase podemos escoitar os arrechouchíos dospaxariños que aniñaron baixo as tellas da escola. cando saímos ó patio podémolos observar, así que deciidimos decidimos facer un mural para a nosa porta con paxaros Alma. 

Entre tod@s  debuxamos o movemento do vento, os matices da luz, as nubes cambiantes, un estupendo traballo en equipo !

Finalmente, outro día nós, como Alma, Monet ou Andy Warhol pintamos flores, observándoas e imaxinando o xardín

Distribuir contido


by Dr. Radut