Skip to Content

Os Tigres (2018-2021)

Camiñando descubrimos as esculturas

A Alma Thomas gustáballe facer esculturas cando era pequena, imos ir camiñando ata o Centro Cultural, sabemos que alí se atopan algunhas  esculturas e imos descubrilas.

Estas son as esculturas que atopamos, titúlanse: "Violonchelo", "Así que si" e "Encontro". Primeiro,  observámolas, despois escollemos a que máis nos gustou e debuxámola.

Despois merendamos, que se estaba moi ben alí sentad@s ao sol.

Outro día, na clase démoslle cor con témpera e a nosa inspiración.

Unha actividade moi completa, camiñamos descubrindo o noso barrio e as súas marabillas, aprendemos a transitar pola rúa, respectando as normas, recoñecendo os sinais, observamos, comprendemos o mundo que nos rodea, mentres desenvolvemos a nosa creatividade.

Proxecto Alma Thomas: Pintamos pratos

Seguimos descubrindo os gustos da pintora Alma Thomas cando era unha nena coma nós. A Alma gustáballe facer pratos co barro que había ó carón da súa casa. Inspirados pola súa ténica pintora os Tigres decoramos pratos de cartón.

EXPERTO EN FACER ANIMAIS REUTILIZANDO CARTÓN

Mirade quen é capaz de facer un galo con anacos de cartón, que iamos tirar, e a súa imaxinación e creatividade. Este voves 25 de febreiro, expuso a toda a clase como o fixo, como hai que escoller os anacos e cortar e recortar pico, ás, crista rabo, ... ata que todo encaixa coa idea que teñamos na nosa cabeza. E só usando pegamento, tesoiras e  o cartón. 

Despois axudounos e guionos mentres realizábamos as nosas obras

Para rematar pintámoslle as plumas e démoslles cor ó pico e á crista.A Alma Thomas gustáballe facer marionetas cando era pequena e gozou ensinando ós nenos e ás nenas a facelas. Así que collimos fío e paiciños e convertemos as nosas creacións en marionetas.Grazas Mateo, pola túa idea, as explicacións. a calma e a boa dirección  que se uniron ó esforzo e a creatividade d@s Tigres para acabr creando tan fermosas e artísticas obras.

Caracois, inspirados por Alma Thomas

Seguimos aprendendo moitas cousas de Alma Thomas, dos seus gustos e da súa obra. Sabemos que entre os  pintores que lle influenciaron estaba Henry Matisse, e por iso inspirada no seu collage "Escargot" ela pintou Watusi,

O título colleuno dunha canción que lle gustaba moito do cantante Chubby Checker. Se pinchades enriba, podedes escoitala.

Nós inspirados por ela e os seus gustos, bailamos coa canción e fixemos un caracol cos nosos corpos e cos coxíns, traballando en equipo. Despois foi moi doado facer os nosos collages inspirados na súa obra. Tamén lles puxemos títulos.

Cada quen seguiu o seu proceso, uns,usaron o lápis para bocexar a línea, outras pegaron directamente  seguindo a imaxe que tiña na cabez. houbo quen pegou por diba da liña marcada, e quen pegou os papeis polo medio do camiño que se formou. Alguén usou tesoira e outro cortou coas mans, aquela usou os anacos como lle viñan...... Para rematar usamos ceras para dar fondo.

Esta son as nosas obras.

Cociña de Entroido: Filloas

O martes 9 de febreiro os Tigres fixemos filloas, Con esta receita experimentamos con sólidos e líquidos e observamos os cambios de estado que se producen na materia polo efecto da calor, a manteiga licuase e o amoado solidifícase mentres aprendemos unha receita tradicional da cociña galega propia destas festas, adaptandoa as nosas circunstancias, unha persoa da nosa clase ten alerxia ao ovo, así que farémola sen este ingrediente. Medimos, contamos, Como contamos coa axuda de teacher Verónica practicamos co inglés. Ciencia, tradición, autonomía, linguas, matemáticas..... que nos divirten e ben que sabe!!!

Así obtemos o amoado que deixamos repousar uns 10 minutos , nós puxémola na neveira mentres contabamos o conto de "Tío Lobo".

Untamos a filloeira e cando estea ben quente botamos unha medida do amoado, esperamos que calle e entón dámoslle a volta. Esperexamos azucre por riba.

E xa as podemos comer, estaban moi boas

Experimentamos coa luz

Alma Thomas investigou e estudou os efectos da luz e o mevemento sobre as cores e profundizou sobre a teoría da cor, e isto reflíctese na súa pintura. Neste día 11 de febreiro, que é Día Mundial da muller e a nena na ciencia, na clase dos tigres xogamos na penumbra da aula coas linternas para observar o que pasa coas cores cando lles achegamos luz, como se aclaran ou escurecen,  as sombras e semisombras que se forman e os matices de cores que se consiguen coa luz en movemento.

Recollendo escarola

Os Tigres fomos coa profe Elena ata a horta para recoller as escarolas que plantaramos no mes de outubro. Xa están listas para consumir.

Levámolas para casa e alí prepararemos, como di Álvaro, comida rica, e moi sana e natural, cultivada sen usar pesticidas nin fertilizantes químicos.

 

 Os Canguros tamén recollimos escarolas e fixemos unhas ensaladas rriquísimas.

Distribuir contido


by Dr. Radut