Skip to Content

naceron pitiños, outra vez

Trala tristeza producida en tódol@s nen@s da clase pola morte dos nosos primeiros pitiños, Luca trouxo outros 5 ovos para ver se desta vez temos máis sorte. puxémolos na incubadora, programámola, estivemos atent@s á temperatura e procuramos que tivesen auga, como a primeira vez. E despois dos 21 días exactos, hoxe 10 de xuño,  cando xa estabamos a piques de rematar a clase, Nene descubriu que  nacera un pitiño. Entusiasmad@s con esta nova, apampad@s contemplando como se movía, decatáronse que había outro ovo peteirado, outro pitiño quería nacer......Antes de marchar a comedor toda a escola era coñecedora da noticia e observaba asombrada as dúas criaturiñas que agora teremos que coidar con agarimo.



page | by Dr. Radut