Skip to Content

MIRADA PEDAGÓXICA

 

  Importancia das emocións e os sentimentos, a afectividade e a sensopercepción.

  O programa de Filosofía para nenos/as axudará a fomentar o pensamento crítico, creativo e coidadoso. Trátase dunha iniciación nunha serie de capacidades e habilidades de pensamento que lle permitan nun futuro poder falar e pensar razoablemente, e que en consecuencia, sexan máis creativos e quizais máis libres. Implica que os nenos sexan máis autónomos, que pensen por eles mesmos, que exploren alternativas ós seus puntos de vista, que atopen razóns para as súas creenzas, que aprendan a dialogar, escoitar, respectar as opinións alleas, que están xustificadas e fundamentadas.

  Preténdese construír no grupo unha comunidade de investigación a través do diálogo. Trabállanse as habilidades de pensamento dende todas as áreas, e xirarán en torno a catro básicas: investigación e búsqueda, razoamento, conceptualización e traducción .Farase a partir de eixes tan fundamentais como os xogos, a literatura, contos, a arte, a música e o cine.

  Realízanse actividades inspiradas na metodoloxía Montessori e nas escolas Reggio Emilia.

  Outro dos eixes fundamentais serán o papel social dos outros, do grupo, da cooperación.

  Teranse en conta os principios metodolóxicos establecidos no currículo: Aprendizaxe significativa, o xogo, a autonomía, o enfoque globalizado, o tratamento individualizado, as relacións afectivas, a boa relación coas familias, coidar os espazos, a organización do tempo, ofertar variedade de materiais, a avaliación como reflexión da realidade educativa, flexibilidade.

  Ambiente relaxado , libre, armonioso e ordeado.Escola san, sen présa, respectando os ritmos e con tempo para mirarnos aos ollos.

  Simplificar a vida na escola e ofrecer novas maneiras de empregar a enerxía.

  Apertura á contorna.A boa relación coas familias é esencial. A escola ábrese á veciñanza e faise visible no pobo.

  A natureza da que está rodeada a escola é o recurso máis prezado. Permite o xogo no exterior nun marco incomparable e enchernos de vida co aire puro de carballos e castiñeiros.

 



page | by Dr. Radut