TRABALLAMOS O DÍA DEROSALÍA DE CASTRO BAIXO O LEMA "SEMENTA DE PENSAMENTOS".
A FLOR DO PENSAMENTO ERA A FAVORITA DESTA ESCRITORA E ASÓCIASE AOS RECORDOS E A NOSTALXIA.
QUIXEMOS INAUGURAR UN BANCAL DA NOSA HORTA CO NOME E RETRATO DE ROSALÍA E COLGAMOS AO SEU ARREDOR PLANTIÑAS DE PENSAMENTOS.
XA QUE ESTAMOS DE ENTROIDADA, FIXEMOS UNHA CARAUTA COA SÚA FACIANA E, COMO NON QUEREMOS DESAPROVEITAR A NOSA VEA ARTÍSTICA, CADA AULA DECOROU UNHA PEZA DUN MOSAICO CON DIFERENTES TÉCNICAS PLÁSTICAS QUE, AO UNILO, QUEDOUNOS UN CADRO ESPECTACULAR!!
PARA CONMEMORAR ESTE DÍA TAN IMPORTANTE, INTERESÁMONOS POR UNHA CIENTÍFICA QUE ADICOU A SÚA VIDA A INVESTIGAR SOBRE O MILLO.
ELA É BARBARA McCLINTOCK, E AÍNDA QUE O SEU RECOÑECEMENTO NA CIENCIA CHEGOU 40 ANOS MÁIS TARDE, FOI GALARDONADA CO PREMIO NOBEL DE MEDICINA POLOS SEUS IMPORTANTES DESCUBRIMENTOS.
EN HOMENAXE A ELA, FIXEMOS UNHA MASA DE MILLO, QUE CONVERTEMOS EN BONITOS COLARES DE CORAZÓN POLO DÍA DE SAN VALENTÍN.
SE QUEREDES PROBAR A FACELO NA CASA, AQUÍ TEDES A NOSA RECEITA!!
O PASADO XOVES VISITAMOS O MUSEO DO MAR DE VIGO, ONDE PUIDEMOS COÑECER UN POUCO MELLOR AO NOSO ARQUITECTO GALEGO MÁIS RECOÑECIDO,
ANTONIO PALACIOS.
APRENDIMOS UN POUQUIÑO DE ARQUITECTURA, DESEÑAMOS ESTRUTURAS CON DIFERENTES PEZAS,COÑECIMOS ALGUNHAS OBRAS DESTE ARQUITECTO, VISITAMOS O ACUARIO... E DESPOIS DE MERENDAR VENDO O MAR, XOGAMOS UN POUCO NA PRAIA.