Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

4º E.I. (3 ANOS)

BISCOITO DE CABAZA

O PRIMEIRO OBRADOIRO DE COCIÑA DO CURSO FOI A ELABORACIÓN DUN BISCOITO DE CABAZA QUE NOS QUEDOU ESAXERADAMENTE DELICIOSO E TERRORÍFICO AO MESMO TEMPO.

APUNTADE A RECEITA PARA COCIÑALO!!

 

ANIVERSARIO ANDRÉ

CELEBRAMOS NO COLE O ANIVERSARIO DE ANDRÉ, QUE XA DEU

5 VOLTAS AO REDOR DO SOL. MERENDAMOS UN DELICIOSO

BISCOITO QUE TROUXO PARA COMPARTIR CON NÓS E

MOSTROUNOS FOTOS DE MOMENTOS IMPORTANTES NA SÚA

VIDA.

PASÁMOLO XENIAL!

PARABÉNS, AMIGUIÑO!

MOCHILA VIAXEIRA 6ºEI

COMEZA A ANDAINA DA MOCHILA VIAXEIRA DE 6º PASANDO POLO FOGAR DE SIMÓN.

A DESFRUTALA EN FAMILIA!!

OBRADOIRO DA HORTA EN OUTUBRO

NESTE MES DE OUTUBRO A TODOS OS NENOS E NENAS DE 6º TOCOUNOS LIMPAR A HORTA DOS CULTIVOS DE VERÁN PARA COMEZAR COAS PLANTACIÓNS DE INVERNO.

FIXEMOS A LIMPEZA, QUITANDO AS HERBAS, ABONAMOS A TERRA CON COMPOST PARA QUE OUTROS COMPAÑEIROS/AS POIDAN PLANTAR.

COLLEITAMOS ALLOS PORROS E RECOLLIMOS A SEMENTE DE TOMATE E ALBAHACA.

ANIVERSARIO DE JAVIER

O NOSO COMPAÑEIRO JAVI XA DEU 5 VOLTAS AO REDOR DO SOL E QUIXO CELEBRALO NA CLASE COMPARTINDO UNHA RICA MERENDA.

GRAZAS, COMPI E PARABÉNS!!

7 OUTUBRO 2022: DÍA MUNDIAL DO SORRISO

O ACTO DE SORRIR TRANQUILIZA O SISTEMA NERVIOSO, ENVÍA MÁIS OSÍXENO AO CEREBRO E AXÚDANOS A SENTIRNOS MELLOR... ADEMAIS É TREMENDAMENTE CONTAXIOSO!!

NON QUEREMOS PERDER A OPORTUNIDADE DE LUCIR OS NOSOS FERMOSOS SORRISOS!

SE TI TAMÉN QUERES TER UN SUPERPODER, SÓ TES QUE SORRIR!!

PREME NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN

LAND ART NA PRAIA DE PANXÓN

O 18 DE SETEMBRO CELEBROUSE O DÍA MUNDIAL DAS PRAIAS CO OBXECTIVO DE SENSIBILIZAR Á SOCIEDADE COS PROBLEMAS MEDIOAMBIENTAIS DAS PRAIAS E OS RESIDUOS QUE CONTAMINAN OS NOSOS MARES.

QUIXEMOS PINTAR UNHA PRAIA LIMPA E SEN LIXOS.

TAMÉN COÑECEMOS O MOVEMENTO ARTÍSTICO LAND ART OU ARTE DA TERRA, NO QUE SE UTILIZAN MATERIAIS NATURAIS COMO RECURSO EXPRESIVO.

...E QUE MELLOR FORMA DE DESPEDIR O VERÁN QUE VISITANDO A NOSA PRAIA PARA FACER ARTE!!

 

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!!

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

COMEZAMOS ESTE CURSO CHEÍÑOS DE ILUSIÓN POR VOLTAR A COMPARTIR XOGOS, ESPAZOS, DIVERSIÓN E MOITAS MOITÍIISIMAS APRENDIZAXES, NUNHA LIBERDADE QUE XA MERECÍAMOS TER.

BENVIDOS E BENVIDAS!! 

 

 

 

SAÍDA Á PRAIA DE PANXÓN

PASAMOS UNHA XORNADA FANTÁSTICA DE MERENDA E XOGO NA PRAIA DE PANXÓN.

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS!

OBRADOIRO HORTA DE LOLA- MES DE XUÑO

PREME NA IMAXE PARA VER TODO O QUE FIXEMOS NA HORTA DE LOLA NO ÚLTIMO OBRADOIRO DESTE CURSO

Distribuir contido


by Dr. Radut