Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

4º E.I. (3 ANOS)

ANIVERSARIO DE SIMÓN

O NOSO COMPAÑEIRO SIMÓN XA TEN 5 ANIÑOS.

PARABÉNS, AMIGUIÑO!!!

SAÍDA AO MUSEO LISTE E AO PARQUE DE CASTRELOS

O PASADO 18 DE MAIO FOI O DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS E VISITAMOS O MUSEO LISTE DE VIGO PARA VER UNHA EXPOSICIÓN E EXHIBICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS TRADICIONAIS

DESPOIS APROVEITAMOS PARA MERENDAR E XOGAR NO PARQUE DE CASTRELOS.

PREME NA IMAXE PARA VER O BEN QUE O PASAMOS.

LETRAS GALEGAS 2022

PREME NA IMAXE PARA VER COMO CELEBRAMOS

AS LETRAS GALEGAS NO COLE

15 MAIO- DÍA DA FAMILIA

NESTE VÍDEO CONTAMOS O TRABALLAZO QUE FIXEMOS PARA CELEBRAR O DÍA DA FAMILIA

OBRADOIRO HORTA DE LOLA- MES DE MAIO

PREME NA IMAXE PARA VER TODO O QUE FIXEMOS NO OBRADOIRO DA HORTA DE LOLA DO MES DE MAIO

COLLEITA DE LEITUGAS

A HORTA DE LOLA ESTASE POÑENDO DO MÁIS FERMOSA. HOXE TOCOU COLLEITAR RICAS LEITUGAS.

CON ESTE CALORIÑO... A QUEN NON LLE APETECE UNHA BOA ENSALADA?

SEMANA DO LIBRO

A RATIÑA LOLA DEIXOUNOS NO NOSO BUZÓN UNS AGASALLOS POLO DÍA DO LIBRO: UN MARCAPÁXINAS E UNHA CHAPIÑA.

PREME NA IMAXE PARA VER AOS SENSACIONAIS CONTACONTOS QUE PASARON POR BIBLIODUNAS NESTES DÍAS.

VISITA DE MATRÁCALA

SEGUINDO CO PROXECTO DE CENTRO *MUSICARTE*, RECIBIMOS A VISITA DE MATRÁCALA E APRENDIMOS A FACER INSTRUMENTOS MUSICAIS CON MATERIAL DE REFUGALLO.

PREME NA IMAXE PARA VER O BEN QUE O PASAMOS!!

2 ABRIL- DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO, NAS DIFERENTES AULAS DE DUNAS, FIXEMOS UNHA PEZA DE QUEBRACABEZAS PARA POSTERIORMENTE UNILAS NUN CONXUNTO.

BAIXO O LEMA DESTE ANO "UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA", TRABALLAMOS VALORES COMA O RESPECTO, A CONFIANZA E A FELICIDADE A TRAVÉS DE CONTIÑOS ("LA TORTUGA MARIAN"-ALMUDENA TABOADA/ "ESTÁ BIEN SER DIFERENTE"- TODD PARR)

ANIVERSARIO DE ISAAC

DURANTE AS VACACIÓNS DE PASCUA O NOSO COMPAÑEIRO ISAAC ESTIVO DE ANIVERSARIO E Á VOLTA CELEBRÁMOLO NO COLE.

PARABÉNS, AMIGUIÑO!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut