Responder ó comentario
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025
Prazo de presentación das solicitudes de admisión de novo ingreso: DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2024.
A SOLICITUDE PÓDESE PRESENTAR DE DOUS XEITOS:
-
No centro escollido como primeira opción de preferencia (preséntase só nun único centro).
-
A través da aplicación "ADMISIÓN ALUMNADO" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde se atopa a información de como facelo paso a paso. Precísase Chave 365 ou certificado dixital.
No arquivo adxunto podedes atopar o Anexo II e II-BIS do modelo ED550B para imprimilo e cubrilo. Tamén podedes solicitar os impresos no centro docente ou descargalo na aplicación "admisionalumnado".
En todas as solicitudes debe figurar a sinatura e consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
-
ANEXO II
-
ANEXO II-BIS
-
Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
-
No caso de separación xudicial ou divorcio, o convenio regulador ou resolución xudicial.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
SOLICITUDE ADMISIÓN 2024 ANEXO II E II-BIS.pdf | 1.39 MB |