Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025

Prazo de presentación das solicitudes de admisión de novo ingresoDO 1 AO 20 DE MARZO DE 2024.
 
A SOLICITUDE PÓDESE PRESENTAR DE DOUS XEITOS: 
  • No centro escollido como primeira opción de preferencia (preséntase só nun único centro).

  • A través da aplicación "ADMISIÓN ALUMNADO" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde se atopa a información de como facelo paso a paso. Precísase Chave 365 ou certificado dixital.

No arquivo adxunto podedes atopar o Anexo II e II-BIS do modelo ED550B para imprimilo e cubrilo. Tamén podedes solicitar os impresos no centro docente ou descargalo na aplicación "admisionalumnado".
 
En todas as solicitudes debe figurar a sinatura e consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras.
 
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
  • ANEXO II
  • ANEXO II-BIS
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
  • No caso de separación xudicial ou divorcio, o convenio regulador ou resolución xudicial.

 

 

 

AdxuntoTamaño
SOLICITUDE ADMISIÓN 2024 ANEXO II E II-BIS.pdf1.39 MB


page | by Dr. Radut