Skip to Content

Abril

MISIÓNS DE FINKY 30 ABRIL

Xa rematou esta semana e casi o mes de abril!

FINKY regresará con misións no mes de maio, o luns 4 de maio.

Hoxe teremos a profe ELVI cunha clase moi divertida, unha VIDEO-CLASE DE ENGLISH para toda a familia.

Se "inglis" queres aprender coa profe ELVI deberás permanecer!

E FINKY tamén está para seguir buscando os seus colaboradores e ás súascolaboradoras.

Adiante! A resolver Misións!

Agora a aprender, a rir, a pensar, ...!

MISIÓNS DE FINKY 29 ABRIL

Xa estamos rematando abril!

Xa queda pouco!

Hoxe teremos unha VIDEO-CLASE de psicomúsica  coa profe Ana e se o día queredes disfrutar coa música deberás comenzar!

As MISIÓNS de FINKY ofreceravosa posibilidade de resolver enigmas,  de escoitar un conto de moitos bicos,....

ATRÉVESTE?

Agora a disfrutar, pensar, rir, xogar,...!

 

MISIÓNS DE FINKY 28 ABRIL

Xa estamos a martes!

E teremos unha video-clase da profe Lucía.

Lembrade que sempre nos ofrece actividades sorpresas! Non debedes perdela!

E as MISIÓNS de FINKY continúan.

Os gardiáns e as gardianas do saber xa están a piques de recibir a súa CREDENCIAL e DIPLOMA.

Xa falta pouco!

DISFRUTADE, SEDE MOI FELICES!

AGORA, A DESENVOLVER AS MISIÓNS!

MISIÓN 27 DE ABRIL 2020

Iniciamos unha nova semana cunha video-clase da profe Mari! Que pasará hoxe na clase de Mari? A onde vos levará? que teredes que facer? A imaxinación da profe non ten límite! Subide á maxia!

E tamén as MISIÓNS para ser GARDIANAS E GARDIÁNS do SABER!

Xa queda pouco para que recibades a ACREDITACIÓN  ou DIPLOMA de FINKY !

Agora a resolver!

DISFRUTADE MOITO!

E LEMBRARVOS DE MANDARNOS MOITAS FOTOGRAFÍAS!

 

MISIÓNS 24 ABRIL

Xa remata a semana!

E temos as propostas fantásticas da profe Elvi!

Xa casi sodes GARDIÁNS E GARDIANAS DO SABER!

AGORA TOCA APRENDER!

AGORA TOCA XOGAR!

AGORA TOCA DISFRUTAR!

MISIÓNS DE FINKY 23 ABRIL 2020

Xa estamos a xoves!

E teremos unha clase virtual da profe Ana de psicomúsica e amais teremos as MISIÓNS de FINKY.

Agora a divertirse aprendendo en familia!

E non esquezades QUEDAR NA CASA! QUEDAR POLO XARDÍN!

MISIÓNS DE FINKY 22 ABRIL 2020

Animádevos a realizar as MISIÓNS de FINKY?

A profe Lucía sorprenderanos cunha clase virtual fantástica! Non as desaproveitedes!

Agora a disfrutar en familia!

 

MISIÓNS DE FINKY 21 ABRIL 2020

Que tal de festas?

Disfrutando da familia e da casa seguro que sí!

FINKY xa está de novo en acción! E tamén a profe Mari! Que emoción pois a profe Mari sempre sorprende!

Recibiredes un vídeo a través das titoras polas canles habituais.

Disfrutade!

MISIÓN 16 DE ABRIL 2020

Hoxe a sorpresa será a clase da profe Ana (que recibiredes a través dun enlace) e tamén as  seguir desenvolvendo MISIÓNS!

Se Gardiáns queredes ser misións realizaredes!

Agora non te demores!

E  as evidencias á vosa titora remitiredes!

MISIÓNS DE FINKY VENRES 17 DE ABRIL

Xa estamos a venres!

E a sorpresa é a sesión sorprendente da profe Elvi (recibiredes un enlace):

E o luns é festivo local, SAN TELMO!

E para pasar unha festas diferentes resolución de misións realizaredes!

AGORA A DISFRUTAR EN FAMILIA!

Distribuir contido


by Dr. Radut