Skip to Content

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO

Familias,

Xa estamos no curso 18-19!

O día 12 de setembro ás 9,00 horas os vosos fillos e fillas deberán iniciar as clases nas diferentes aulas do Cra.

Cada titora deuvos as indicacións oportunas para a incorporación do alumnado de 4º de E. Infantil, 3 anos.

O martes día 18 de setembro teremos unhas reunións para presentarvos ao profesorado do centro e para tratar cuestións relacionadas coas normas de funcionamento do centro, coas actividades complementarias ou Obradoiros de Biblioteca, entre outras cuestións.

Poderedes asistir a calquera das reunións ainda que non coincida coa vosa zona.  A distribución por aulas é solo orientativa. Tratamos de favorecer a vosa asistencia xa que é recomendable que nos acompañedes.

AULA DE GUILLAREI, 16,45 horas (Aulas de Guillarei, Caldelas e Baldráns)

AULA DE RIBADELOURO, 17,45 horas (Aula de Ribadelouro)

SEDE DO CRA (Bornetas-aula de Ponte Internacional), 18,45 horas (Aulas de Malvas, Pexegueiro, Areas).

Pregamos a vosa asistencia. Un saúdo, E. Directivo, Dto. Orientación, Claustro de mestras

Tamén é importante que teñades sempre a man a información de:  INSTRUCCIÓN 9/2017 que informa sobre a recollida dos fillos ao remate do horario escolar e as actuacións do centro cando esto non se cumpre.

INSTRUCCIÓN 9/2017



page | by Dr. Radut