Skip to Content

XANTAMOS BEN?

O alumnado do centro participará o xoves día 3 de maio no I CONGRESO ALIMENTATE BEN no PAZO DE CONGRESOS DE SANTIAGO. O alumnado será o protagonista absoluto pois serán os encargados de expoñer o traballo desenmvolvido. Tamén realizarán recetas en directo.

Os bloques traballados foron:

*      ROBÓTICA: ROBOTICREANDO. Empregando un ESCORNABOT deseñan códigos para buscar alimentos, cores de determinados alimentos,..tamén crean códigos tendo como temática título  de contos que teñan alimentos, identificando tipoloxía de alimentos,...

*      APRENDER A PENSAR: PENSADEIRO. Empregando organizadores gráficos desenvolven rutas de pensamento como RODA LÓXICA, REMUÍÑO DE IDEAS,  CÍRCULO INTELIXENTE,...para enumerar características de froitas, de legumes, similitudes e diferenzas entre alimentos,...

*      CANAL DE YOUTUBE: YOUTUBEANDO. As familias e o alumnado  fan gravacións de receitas no fogar para ser "colgadas" nun canal de youtube

*      HORTA ESCOLAR: SEMENTAR, SEMENTAREI. No mes de outubro as familias e o alumnado crearon semilleiros na aula. Nos próximos días realizarase a sementeira por segunda vez xa que por mor da chuvia non foi poisible.

*      ARTE E ALIMENTACIÓN: CRE-ARTE. Dunha escolma de manifestacións pictóricas de Maside, Seoane, Cezanne, Lugrís,...o alumnado realiza unha réplica con distintas técnicas, fai unha composición ao natural, realiza fotografías, crea un título, localizará pezas intrusas nun crebacabezas etc.

*      LIBRO DE RECETAS: RECETARTE. Trasnscriben e/ou escriben receitas de cociña creadas na aula e/ou fogar.

*      PROMOCIÓN DA LECTURA: CONTOS QUE ALIMENTAN. Logo dunha pescuda de contos onde aparezan alimentos elexen un para realizar unha audición realizada por actores e actrices de Galicia para o centro. Logo da audición realizan a súa propia gravación.  Eses contos tamén teñen propostas de traballo co escornabot.

*      COCIÑANDO CON RESTAURADORES DE PRESTIXIO: SHOWCOOKING. No mes de maio  (28) realizarase un SHOWCOOKING co xefe de cociña do PARADOR DE TUI. Prepararán un primer prato con peixe e sobremesas con froitas.

*      OBRADOIRO DOS SENTIDOS: ALIMENTOS CON SENTIDO. O alumnado identifica alimentos pola textura, pola forma, pola cor, polo sabor,...dentro da acción FROITA NA ESCOLA.

*      PENSAR: PENSADEIRO. Desenvolven técnicas para aprender a pensar sobre as características dos alimentos, semellanzas e diferenzas, orixe ou procedencia,...empregando RODA LÓXICA, REMUÍÑO DE IDEAS, CONSIDERO TODOS OS FACTORES, CÍRCULO INTELIXENTE, BURBULLAS PENSAMENTO, ...

Se queredes coñecer o proxecto polo miudo non tedes máis que premer no seguinte enlace:

XANTAMOS BEN?



page | by Dr. Radut